HomeVigoMosMos conmemora o Día Mundial do Alzhéimer cun cinefórum no Pazo de...

Mos conmemora o Día Mundial do Alzhéimer cun cinefórum no Pazo de Mos

- Anuncio -spot_img

O Concello de Mos, en colaboración con AFAGA Alzheimer, únese á conmemoración do Día Mundial do Alzhéimer cunha actividade especial que terá lugar o vindeiro luns 22 de setembro ás 17:00 horas no Pazo de Mos.

O programa inclúe a proxección da película “Sempre Alice”, un filme que aborda de maneira sensible e realista a vivencia do alzhéimer en primeira persoa. A continuación celebrarase un coloquio moderado por Juan Carlos Rodríguez Bernárdez, presidente de AFAGA, e Paula Rey Blanco, psicóloga da entidade, no que se abrirá un espazo de diálogo e reflexión sobre a enfermidade e o impacto que ten nas persoas diagnosticadas e nas súas familias.

Ademais, disporase dunha mesa informativa atendida por María Vidal Costas, traballadora social de AFAGA, para ofrecer información, asesoramento e recursos a todas as persoas interesadas.

A entrada ao evento será libre ata completar aforo.

Dende o Concello de Mos convidamos a toda a veciñanza a participar nesta cita, que supón unha oportunidade para tomar conciencia, derrubar prexuízos e avanzar na igualdade de dereitos das persoas con Alzheimer e das súas familias.

Igualando dereitos

Baixo o lema “Igualando dereitos”, e xunto á CEAFA (Confederación Española de Alzhéimer), Afaga pon o foco na defensa dos dereitos das persoas con alzhéimer. A campaña busca fomentar e visibilizar o apoio de toda a sociedade a esta causa, lembrando que o acompañamento e a concienciación son fundamentais.

Publicacións Relacionadas