Home Pontevedra O BNG denuncia o “colapso” no hospital de día de oncoloxía do...

O BNG denuncia o “colapso” no hospital de día de oncoloxía do Álvaro Cunqueiro por falla de medios

- Anuncio -

A fronte nacionalista reclama á Xunta que reforce o servizo para poñer fin ás demoras na atención e para evitar que as persoas doentes sexan enviadas de volta aos seus domicilios sen recibir os tratamentos de quimioterapia

Montse Prado: “Esta situación é un claro espello da política sanitaria do PP: a falla permanente de persoal e de espazos, e de sensibilidade coas persoas máis vulnerábeis”

Xabier P. Igrexas: “Mentras o PP entrega cada ano centos de millóns de euros públicos ás empresas amigas da sanidade privada, persoas enfermas de cancro son devoltas a casa sen recibiren tratamento”

O Bloque Nacionalista Galego denuncia o “colapso” do hospital de día de oncoloxía do Álvaro Cunqueiro. A fronte nacionalista vén de rexistrar iniciativas no Parlamento galego reclamando á Xunta que reforce de inmediato o servizo para poñer fin ás demoras na atención e para evitar que as persoas doentes sexan enviadas de volta aos seus domicilios sen recibir os tratamentos de quimioterapia.

“Esta situación está saíndo á luz pública pola valentía das persoas doentes que se atreven a denunciar este colapso, a pesares da vulnerabilidade na que se atopan debido á gravidade da súa doenza”, destacou a deputada e portavoz de Sanidade do BNG no Parlamento galego, Montse Prado.

Prado criticou a “falla de planificación” da Xunta do PP lembrando que, na última década, aumentou más dun 11% a demanda deste servizo. Así, algunhas xornadas chegan a ser 50 as persoas atendidas no hospital de día de oncoloxía, moi por riba das ratios para o persoal dispoñíbel. En lugar de 7 doentes por cada profesional de enfermería, como está recomendado, nalgúns momentos atenden até 18 persoas por enfermeira ou enfermeiro.


Unha falla de medios que se traduce en que cada vez é máis habitual que non se lle administre os tratamentos de quimioterapia a persoas doentes citadas, que son enviadas de volta aos seus domicilio e teñen que volver outro día. “Co que iso supón de trastorno e de incerteza para as doentes, que ven como se pone en risco a súa saúde”, lamentou a deputada nacionalista, quen subliñou que estas carencias só se van superando polo “bo facer do persoal que vive con impotencia esta saturación”.

Para o BNG esta situación é un “claro espello da política sanitaria do PP”, agravada neste caso por tratarse dun servizo para atender unha patoloxía tan sensíbel como a oncolóxica que, a xuízo da fronte nacionalista, precisa de extremar tanto os coidados como a atención que reciben as persoas doentes.

Por estes motivos, a portavoz de Sanidade do Bloque insta ao Goberno galego a dimensionar canto antes o hospital de día oncolóxico do Álvaro Cunqueiro de Vigo, tanto nas ratios de persoal-doentes como no espazo dispoñíbel, para poder dar resposta á demanda existente e evitar que se sigan repetindo estas demoras na atención.

Un dos exemplos máis duros da política do PP

De por parte, o portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, inscribiu a “situación inadmisíbel que se vive no hospital de día de oncoloxía” como un dos exemplos “máis duros e inxustos” da política sanitaria do PP.

“Mentras o PP entrega cada ano centos de millóns de euros públicos ás empresas amigas da sanidade privada, persoas enfermas de cancro son devoltas a casa sen recibiren tratamento”, denunciou. Igrexas esixiu ao PP que “deixe de xogar coa saúde e a vida das persoas facendo da sanidade un negocio para uns poucos mentras desmantela a rede sanitaria pública”.

Relacionadas

Armando Bastida, criar con sentido común ou como educar sen morrer no intento

0
A Semana da Educación arrancou este luns a súa décima edición coa conferencia do enfermeiro experto en saúde infantil e educación, que ofreceu ao...

Arbo e Sainte-Terre fortalecen lazos de unión coa firma do irmandamento en Francia

0
• No Salón de Plenos do Municipio de Sainte-Terre, levou a cabo a firma oficial do Memorando de Entendemento entre Santa Terre (Francia) e...

O Pavillón de Carballedo pasará a denominarse “Xose Luis Bouzas Ambroa, O Rubio”

0
O PP vota NON a reclamar a mellora do tendido eléctrico, e impide o debate dunha moción de rexeitamento a megacelulosa de Altri O Pleno...

O Concello de As Neves segue mellorando os accesos ás vivendas da veciñanza

0
• Actuacións na zona de Guláns/Estación para  garantir mellores infraestruturas locais  As Neves a 10 de febreriro de 2025.- O Concello de As Neves continúa...

O Concello lanza unha campaña especial por San Valentín

0
Con “Tui, meu amor” aposta por eventos inmersivos para disfrute de toda a familia O Concello de Tui presenta a campaña "Tui, Meu Amor" con...

A Eurocidade Tui-Valença celebra trece anos de cooperación transfronteiriza

0
Un concerto este sábado ás 21 h no Teatro Municipal conmemorará este aniversario A Eurocidade Tui-Valença celebra trece anos de cooperación transfronteiriza cun concerto a...

Publicacións Relacionadas