Home Vigo Mos Mos estrea catro esculturas realizadas na Escola de Cantería de Galicia

Mos estrea catro esculturas realizadas na Escola de Cantería de Galicia

- Anuncio -

O conselleiro de Educación e a alcaldesa visitan as pezas situadas no roteiro dos muíños de Salgueira e do monte de Pereiras

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, xunto coa alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, participou hoxe na inauguración de catro esculturas realizadas polo alumnado da Escola de Cantería de Galicia, que desde este curso funciona como centro integrado de FP.

As pezas encargadas por este concello pontevedrés son figuras graníticas que representan un leñador, un home sentado, un xabaril e un raposo, e poden visitarse no roteiro dos muíños de Salgueira e do monte de Pereiras, na parroquia do mesmo nome.

Román Rodríguez subliñou a importancia de que o traballo realizado nos centros formativos galegos, como é o caso do hoxe CIFP de Cantería, se poida visualizar por parte do conxunto da poboación. Nesta liña, o centro, como prácticas do alumnado dentro da programación didáctica destas ensinanzas, realiza diferentes obras escultóricas no marco de colaboracións establecidas.

Relacionadas

Luisa Sánchez anuncia na gala de entrega dos XIX Premios Joven Empresario/a de AJE...

0
O goberno da Deputación investirá 1,45 millóns de euros na xestión de Smartpeme + e das oficinas Acelera Pyme Rural, que desde Barro, Cambados,...

Baiona presenta a imaxe da Festa da Arribada 2025

0
Baiona desvela a imaxe da XIX Festa da Arribada 2025, que se celebrará do 28 de febreiro ao 2 de marzo, nun acto en...

O concello do Porriño rende homenaxe aos gañadores do concurso ‘Internetional Dragon’s Den’

0
Os estudantes presentaron aos asistentes o seu proxecto “Greenpocket Solutions” xunto cun prototipo do produto 'Eco Snack Bag', amosando a súa proposta innovadora de...

A Deputación leva a oficina móbil do programa +Renovables a Marín para informar a...

0
O deputado provincial Javier Tourís visitou o concello coa oficina móbil, que percorrerá todos os municipios de menos de 50.000 habitantes da provincia para...

Rafa Domínguez e Jorge Cubela percorren Pontevedra con Santiago Gamboa na véspera da conferencia...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, xunto co deputado de Cultura e Xuventude, Jorge Cubela, percorreron Pontevedra con Santiago Gamboa na véspera...

A Xunta e o concello de Moraña avalían vías de colaboracion para mellorar a...

0
A Xunta de Galicia e o Concello de Moraña estudarán a posibilidade de mellorar o acondicionamento e poñer en valor a contorna do río...

Publicacións Relacionadas