HomeVigoMosMos homenaxea a Juan Ferrón polos seus éxitos no Mundial de Natación

Mos homenaxea a Juan Ferrón polos seus éxitos no Mundial de Natación

- Anuncio -spot_img

O Concello de Mos acolleu hoxe na Piscina Óscar Pereiro a recepción oficial ao nadador do Club Natación Mos Juan Ferrón, trala súa brillante participación no Mundial de Natación Adaptada 2025, onde asinou resultados históricos a pesar de competir cunha lesión.

Juan Ferrón, que leva una década vinculado ao Club Natación Mos, é xa un referente internacional con só 22 anos e suma seis tempadas na elite mundial, ademais de ter representado a España nos Xogos Paralímpicos de París 2024.

No Mundial, proclamouse subcampión do mundo no 4×100 metros estilos mixto, logrando un récord de Europa e a 2ª mellor marca mundial da historia no relevo de discapacitados visuais. Ademais, foi 5º nos 100 metros bolboreta, con dobre récord de España, 9º nos 100 metros braza, 11º nos 400 metros libres e 13º nos 50 metros e 100 metros libres.

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, destacou “o orgullo que supón para toda a veciñanza contar cun deportista da talla de Juan Ferrón, exemplo de superación e compromiso, que leva o nome de Mos a todo o mundo desde a natación”.

O Concello de Mos recoñeceu así o esforzo e a traxectoria de Juan Ferrón, subliñando a importancia do deporte inclusivo e convertendo a súa figura nun espello no que pode mirarse a mocidade mosense.

Publicacións Relacionadas