O vindeiro 11 de novembro de 2025 rematará a décima edición do Programa Integrado de Emprego do Concello de Mos 2024-2025 (subvencionado pola Xunta de Galicia cun importe total de 220.000 eros que corresponden a fondos finalistas transferidos polo Servizo Público de Emprego Estatal e confinanciado polo Concello de Mos, cun importe total de 57.497,48 € ) e cunha duración dende novembro de 2024 ata novembro de 2025.
O X Programa Integrado de Emprego de Mos 2024/25 conta con 100 persoas beneficiarias. O obxectivo de inserción comprometido é do 45% a día de hoxe o 65% das persoas participantes traballan ou traballaron ao longo do proxecto, no sector servizos, e industrial. Cabe destacar dúas iniciativas empresariais por conta propia, derivadas do asesoramento recibido en Emprendemento.
Ao longo do proxecto realizánrose diversas accións para contribuir á mellora da ocupablidade, e empregablildade das personas participantes, como formación do itinerario de almacén, atención ao cliente, competencias dixitais, formación transversal, xornadas para fomento da capacidade emprendedora , obradoiros sobre movilidade transnacional, intelixencia artificial, acompañante de transportes escolar, así como a realización de convenios de prácticas non laboráis que permiten ás personas participantes ter un contacto directo coas empresas.
Todas as accións do proxecto son gratuitas, e os participantes contan cunha bolsa de 10 euros por día de asistencia ás mesmas así como medidas de conciliación. O perfil das persoas participantes nesta edición é o seguinte : persoas desempregadas con discapacidade (5), persoas desempregadas en risco de exclusión social, persoas beneficiarias do tramo de inserción da renda de inclusión social de Galicia (5), persoas menores de 30 anos desempregadas con baixa cualificación (20), persoas menores de 30 anos desempregadas cualificadas (20), persoas desempregadas maiores de 45 anos (5), persoas desempregadas perceptoras de prestacións, subsidios por desemprego ou renda activa de inserción (25) e mulleres desempregadas (20).
O Concello de Mos xa solicitou o novo Programa Integrado de Emprego, á espera da Resolución, co fin de dar continuidade a esta liña de apoio. O obxectivo é seguir reforzando a formación, a orientación e a colaboración co tecido empresarial local, apostando polo desenvolvemento económico e social do municipio.



