O Concello de Mos únese á campaña “Merca no teu comercio”, unha iniciativa de dinamización comercial posta en marcha pola Federación Galega de Comercio e a Xunta de Galicia que busca incentivar as compras nos establecementos locais mediante o sorteo de 1.000 euros en vales de 50€.
A campaña estará vixente do 16 ao 30 de xuño, e nela poderán participar todas aquelas persoas que realicen compras nos comercios adheridos do municipio. Unha vez rematada a campaña, celebrarase un acto público en Mos para facer entrega dos vales ás persoas premiadas.
Con esta adhesión, Mos reafirma o seu compromiso co comercio de proximidade: “Sumámonos a esta campaña porque o comercio local é motor de vida, de emprego e de identidade para o noso concello”, sinalan dende o Concello de Mos.
Máis información e bases da campaña en: www.mercanoteucomercio.com