HomeVigoNigránNigrán reflexiona sobre un futuro sostible cos seus mellores exemplos

Nigrán reflexiona sobre un futuro sostible cos seus mellores exemplos

- Anuncio -spot_img

A Biblioteca Municipal acollerá este sábado de 16.00 a 19.00 h un obradoiro de consumo responsable, unha mesa redonda con empresas locais e a charla “Reforestación de climas desérticos”

O mes da natureza de Nigrán continúa coas súas últimas actividades e agora é a quenda da economía local. Este sábado de 16.00 a 19.00 horas a Biblioteca Municipal acollerá as xornadas da natureza nas que Concello de Nigrán, Teatro do Ar e a Cooperativa SomosTerra cunha serie de actividades destinadas en poñer en valor as iniciativas empresariais e socias que están a desenvolver veciños e veciñas do municipio.

As xornadas comezarán ás 16.00 horas cun obradoiro participativo de consumo responsable para pequenos e maiores coa idea de reflexionar sobre como vivimos o noso día a día para tratar de reducir a nosa pegada ecolóxica. Ás 17.00 horas as empresas de Nigrán; Calabizo, Trisk-Ale Cervezas, ERTHA Surfboards e o proxecto Lámpadas de Cartón constituirán unha mesa redonda para falar do seu traballo, das súas ideas emprendedoras e tamén de como imaxinan o concello no futuro.

De Nigrán a reforestar os desertos de África

As xornadas rematarán ás 19.00 horas coa charla de Alexandre Pereira, “Reforestación de climas desérticos”. O veciño de Nigrán que está a traballar en rexións de África para evitar o avance dos desertos a través da vexetación é un amante amante da natureza e apaixonado pola terra que xa realizou diversos cursos de permacultura social, agricultura rexenerativa e bioconstrucción con grandes referentes, por España, Croacia, Holanda e Marrocos.

Alexandre e co-creado de B-Nomad (Ser nómade), un proxecto restaurador de ecosistemas humanos que utiliza o concepto de permacultura nómade pola que se permite xerar unha sementeira de melloras no lugar que o precisen.

Publicacións Relacionadas