Free Porn
xbporn
Home Pontevedra A Paradanta Nito e a Festa do Churrasco de Covelo protagoniza a campaña publicitaria...

Nito e a Festa do Churrasco de Covelo protagoniza a campaña publicitaria de Aceites Abril

- Anuncio -

A empresa ourensá dá voz de novo ao patrimonio gastronómico galego.

Chega o verán e con el as reunións ao redor das mellores viandas gastronómicas da nosa terra. En Abril son conscientes diso e aliáronse cos veciñanza de Covelo para lanzar unha nova campaña baixo o paraugas de “Facendo Mellor aos Mellores” coa que pretende continuar construíndo marca. Nesta ocasión, da man dos veciños de Covelo, Betanzos e Herbón e as súas feiras gastronómicas, auténticos templos do churrasco, a tortilla e o pemento, respectivamente. E faino a través de tres creatividades cargadas de forza e poderío gastronómico.

A empresa ourensá dá voz de novo ao patrimonio gastronómico galego. Neste caso, ligado ás tradicionais conmemoracións gastronómicas tan singulares e arraigadas ao noso territorio, e aos seus verdadeiros protagonistas: Nito, alma mater da “Festa do Churrasco de Covelo”, Jorge Río, veciño de Betanzos e gañador en dúas ocasións do Concurso á Mellor Tortilla Caseira na Semana da Tortilla de Betanzos, e Milagros, presidenta da Denominación de Orixe Protexida “Pemento de Herbón. Os tres dan voz a unha mensaxe sinxela e contundente: “Somos de Churrasco”, “Somos de Tortilla”, “Somos de Pementos”, o tridente de calquera reunión estival que se prece.

O concepto creativo, desenvolto internamente pola empresa, pon de novo en valor o patrimonio gastronómico de Galicia e o esforzo, moitas veces anónimo e desinteresado dos veciños como figuras clave e verdadeiros artífices do mantemento, xeración a xeración, das nosas xoias gastronómicas.

“Quen mellor que eles para engrandecer e enxalzar o coidado das nosas tradicións culinarias? Os veciños destas poboacións son os verdadeiros heroes do mantemento de receitas e elaboracións e, eles, si que nos fan mellores”, explican desde a firma, nunha historia de amor continua con Galicia.

A campaña que arrincou este luns, 22 de Julio, e cuxo plan de medios é xestionado e planificado directamente desde a firma, conta con gráficas para exteriores e mobiliario urbano, medios dixitais, prensa escrita e redes sociais planificados e xestionados directamente pola marca.

“A esencia do churrasco é a paciencia” Nito, veterano e alma mater desta celebración teno claro, non en balde rexentou carnicerías en Covelo e Maceira.

Esta festa, lémbranos Nito, comezou da forma máis insospeitada “cunha merendola de amigos na Carballeira, onde tiñamos un cartel coa única norma de obrigado cumprimento e que rezaba: proibido falar de política, de fútbol, nin problemas dá vida…aventuras, canto máis grandes e verdades, ningunhas”

E así foi crecendo ata o que é hoxe, unha auténtica exaltación do produto cárnico da Serra do Suído, límite natural, entre as provincias de Ourense e Pontevedra e onde, este xoves, 25 de xullo o volverán servir , por 43ª vez, tres mil racións de seiscentos gramos de churrasco.

O alcalde de Covelo, Pablo Castillo, agradece a aceites Abril que se fixara em Covelo e trasládalle o seu parabén polo acerto desta campaña de recoñecemento das festas gastronómicas que serve para promocionar o produto local e crear a identidade do noso pobo e do mundo rural. “E por suposto a nosa felicitación e agradecemento a Nito, a súa família e ao seu equipo polo traballo e dedicación ao longo dos XLIII anos na organización e preparación do Churrasco de Covelo”.

Relacionadas

A Deputación recibe a Héctor Abad Faciolince na antesala do encontro Pontevedra Literaria

0
A Deputación de Pontevedra recibiu este xoves a Héctor Abad Faciolince, un dos autores que encabezan o cartel do encontro Pontevedra Literaria. Xuventude e...

O concello de Nigrán ofrece o domingo o teatro inmersivo de pallasos en rebeldía...

0
Trátase dunha montaxe teatral plantexada como unha experiencia participativa que converte ao espectador nun refuxiado máis. A obra denuncia a traxedia que as políticas...

O BNG esixe unha actuación para acabar coa ‘Escombreira’ da parcela existente entre Progreso...

0
Os nacionalistas dan voz ás queixas de varios veciños e veciñas do casco urbán de Sanxenxo, que amosan a súa preocupación polo mal estado...

O alcalde de Nigrán supervisa en Mozambique os novos proxectos de cooperación doo Fondo...

0
Juan González acude en calidade de presidente desta entidade supramunicipal xunto a representantes de As Neves e Viveiro co obxectivo de definir as futuras...

A Deputación supervisa os traballos de execución de cunetas de seguridade na estrada provincial...

0
A deputada Isabel Couselo recorreu esta actuación de seguridade viaria que se está a desenvolver nesta estrada provincial ao abeiro no acordo marco de...

O BNG de Vigo pide explicacións ao Goberno municipal polo atraso nas axudas de...

0
Denuncian que despois de máis dun mes de finalizado o prazo de solicitude das becas nada se sabe sobre a súa xestión A fronte nacionalista...

Publicacións Relacionadas