HomePontevedraDezaO agility, protagonista dende esta tarde na Feira Internacional de Galicia ABANCA...

O agility, protagonista dende esta tarde na Feira Internacional de Galicia ABANCA cun seminario do campión mundial deste deporte canino

- Anuncio -spot_img
  • ADRIÁN BAJO, MADRILEÑO E AGILITISTA DENDE MOI PEQUENO, ENSINA XA NO RECINTO AOS PARTICIPANTES A CREAR UN BON VÍNCULO CO CAN, A CONSTRUÍR UNHAS BOAS BASES DO XOGO E A CONDUCILO EN PISTA, ADEMAIS DOUTROS ASPECTOS
  • ESTA ACCIÓN FORMATIVA ORGANIZADA POLA ASOCIACIÓN GALICIAN AGILITY FESTIVAL, QUE ESGOTOU EN DÚA HORAS AS VINTE PRAZAS DISPOÑIBLES, CELEBRARASE ATA O DOMINGO AO MEDIODÍA

O ring verde do recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA acolle dende primeira hora desta tarde un novo seminario de agility organizado pola asociación Galician Agility Festival.

Nel participan unha vintena de afeccionados procedentes de distintos puntos de Galicia, Asturias, Cantabria e Castela-León, os cales esgotaron en dúas horas as prazas dispoñibles.

Un éxito no que ten moito que ver o formador que imparte este seminario, Adrián Bajo, agilitista madrileño que comezou desde moi pequeno neste deporte canino e que é o actual campión de mundo de agility.

Ao longo desta tarde, todo o día de mañá e durante a mañá do domingo, este recoñecido profesional ensinará aos participantes para crear un bo vínculo co can, a construír unhas boas bases do xogo e a condución en pista, entre outros aspectos.

Este seminario, que é o quinto organizado pola Galician Agility Festival, é un paso máis desta asociación no seu obxectivo de dotar a Galicia de eventos formativos e competitivos con atractivo tanto a nivel nacional como internacional. Un propósito para o cal escolleron a Feira Internacional de Galicia ABANCA como base das súas actividades debido tanto ás súas instalacións como á súa localización no centro de Galicia.

Importantes actividades

A Galician Agility Festival intensificará as súas actividades este ano 2025, tendo xa programadas outras propostas na Feira Internacional de Galicia ABANCA.

Así, do 25 ao 27 de abril terá lugar outro seminario, coa agilitista Verónica Odone, mentres que do 1 ao 4 de maio levarase a cabo a primeira proba da asociación, en colaboración con Canedupo, a cal será cuádrupla e con dous xuíces nacionais. Así mesmo, desde a entidade séguese perfilando nestes momentos un gran evento internacional.

Publicacións Relacionadas