O Alcalde de Pazos de Borbén desminte acusacións de pasividade no orzamento 2024

adminON
Lectura mínima de 3

O alcalde de Pazos de Borbén, Luciano Otero, quere abordar as recentes declaracións de Xurxo do Bloque Nacionalista Galego (BNG) nos medios de comunicación, que alegan pasividade en relación co orzamento do ano 2024. Otero nega categoricamente estas afirmacións e busca proporcionar claridade sobre a situación.

Otero afirma que xa no mes de novembro lle solicitou a oposición que lle fixeran chegar as súas propostas para ver de incorporalas ao borrador de orzamentos sobre o que estaba a traballar o goberno, borrador que finalmente lle entregou en decembro. Un documento onde o goberno realizou unha serie de axustes que lle permiten aumentar significativamente as subvencións a clubes deportivos e culturais, así como as axudas escolares e sociais, sen aumentar os impostos aos veciños e veciñas de Pazos de Borbén.

A pesar de que Otero tiña planeado levar o orzamento a pleno en decembro de 2023, optou por pospoñelo para permitir á oposición presentar melloras ao borrador, pois todos os grupos solicitaron consultalo antes de facer achegas.

Ata a data, Luciano Otero confirma que só o Portavoz do PSOE, Anselmo Taboas, se reuniu con el para discutir o orzamento. Agradece a colaboración de toda a oposición, pero lamenta que haxa quen estea máis interesado en utilizar os novos orzamentos como arma arroxadiza contra o goberno en vez de facer propostas para resolver as necesidades da comunidade. Así, en resposta ás críticas, o alcalde manifesta que inda está a espera das propostas do BNG e insta a Xurxo Pardo a abandonar a demagoxia e a enfocarse en traballar polo benestar de todos os veciños, tal como se espera del por parte dos seus votantes.

Co firme propósito de non atrasar máis as achegas do concello a clubes e asociacións, que necesitan con urxencia, Otero planea levar os orzamentos a pleno antes do fin deste mes. Non obstante, advirte que, en caso de non aprobarse nese pleno, é posible que non volva a intentar levalos. Isto, debido á necesidade de evitar facer perder o tempo aos funcionarios e ocasionar máis gastos innecesarios ás arcas do Concello. Un mes é máis que suficiente para
estudar o borrador e presentar propostas. Otero entende que se non se presentan propostas, asumirase que están de acordo co orzamento presentado. É máis, recalca que o orzamento é doado de revisar, xa que só contempla incrementos para asociacións, clubes e temas sociais, sen considerar ningunha obra faraónica.

Este comunicado ten como obxectivo proporcionar claridade sobre a situación actual e resaltar o compromiso do goberno local co benestar da comunidade de Pazos de Borbén

Comparte este artigo