O 𝐁𝐚𝐥𝐨𝐧𝐦𝐚𝐧𝐨 𝐏𝐨𝐫𝐫𝐢𝐧̃𝐨 foi o equipo campión da Final 4 Xuvenil Feminina e polo tanto, subcampioas galegas e segundo equipo clasificado para desputar o sector nacional
•
O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, ven de recibir as xogadoras do Club Balonmano Femenino que quedaron campioas da Final Four Xuvenil Feminina celebrada en Tui. Un premio a todo o traballo dunha temporada incrible que mostraron ao rexidor no salón nobre do Concello e que as catapulta ao Campinato de España.
Ademais, Adriana Barreiro foi elixida MVP do torneo na sección feminina. O rexedor desexoulles todos os éxitos, “seguro de que levarán o nome do Porriño alí onde vaian”.
Agora están pendentes de onde se disputará o primeiro partido do Campionato. Acudiron acompañadas do Presidente do Clube, Abel Estévez, que a súa vez é concelleiro de Deportes no Municipio. “Orgullo enorme deste equipo, das nosas rapazas e dun corpo técnico que nunca deixou de crer”, asegura.
Seguen así o exemplo do primeiro equipo, do Conservas Orbe Zendal Porriño que xa teñen asegurada a presencia no play-off polo título.

