O alcalde recibe ao coro do IES A Xunqueira 1, recente gañador do Concurso nacional de coros escolares

adminON
Lectura mínima de 1

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores acompañado do concelleiro de Educación e Cultura,  Demetrio Gómez recibiron esta mañá a visita do Coro do IES A Xunqueira 1 no CITA. O alcalde quixo manter  un encontro con eles e elas para felicitalos polos recentes logros ao resultar gañadores do IX Concurso  nacional de coros escolares e mención especial á mellor dirección.  

« Eu quero agradecervos o voso traballo, e tamén aos responsables, a directora do coro e ás profesoras que  adican tempo para que poidades ser mellores », afirmou o alcalde na reunión, e destacou que Pontevedra ten  que saber que existen entidades, equipos e persoas que están a competir en cultura, deporte, ciencia… que  son de Pontevedra « e iso é moi importante para subirnos a paletilla, porque non somos mellores que  ninguén pero tampouco peores que ninguén ». 

Comparte este artigo