Home Pontevedra O Salnés O BNG acusa a Telmo Martin de deixar a Sanxenxo “á súa...

O BNG acusa a Telmo Martin de deixar a Sanxenxo “á súa sorte” co desmantelamento do servizo de emerxencias

- Anuncio -

Os nacionalistas reuníronse con membros do corpo de  seguridade e advirte que a situación “é incluso peor que no  inverno”, nunha época do ano na que a vila multiplica a súa  poboación 

Fran Leiro denuncia que ao Partido Popular “non lle importa  poñer en risco a seguridade e a saúde da xente do noso  concello” 

Membros do grupo municipal do  Bloque Nacionalista Galego (BNG) de Sanxenxo mantiveron unha  reunión con integrantes do Servizo Local de Xestión de Emerxencias.  Os profesionais están sendo vítimas do desprezo do alcalde, Telmo  Martín, e do seu desinterese por cumprir coa lei. Os nacionalistas  acusan a Martín de “deixar a Sanxenxo á súa sorte”, ao reducir o  número de bombeiros nas quendas a tan só dous, a pesares da  última sentenza xudicial, emitida a raíz dunha denuncia realizada  polos e polas traballadoras, establecíase un mínimo de tres persoas  de garda para poder atender unha incidencia en condicións. Agora  mesmo, con só dous profesionais operativos, o alcalde impídelles que  atendan emerxencias. “Con isto, queda claro que ao señor Martín non  lle importa absolutamente nada poñer en risco a seguridade a saúde  da poboación”, advirte o voceiro, Fran Leiro.

Ademais de amosar o seu apoio total aos profesionais de  Emerxencias, o BNG lamenta que Sanxenxo non conte cun Goberno  local responsable, xa que “iso tería evitado chegar aos tribunais aos  traballadores para reclamar que se cumpra a lei”. Leiro lembrou os  múltiples intentos perpetrados polo Goberno do Partido Popular á  hora de limitar “un servizo que salva vidas” e que se fai  especialmente necesario nesta época do ano, cando a poboación de  Sanxenxo crece dun xeito exponencial, sen esquecer, ademais, que o  Servizo Local de Xestión de Emerxencias tamén actúa noutros  concellos da periferia, como é o caso de Meaño, Poio ou O Grove.  “Telmo Martín despilfarra millóns de euros en sentenzas urbanísticas,  en cemento e formigón e en subirse o soldo, ao tempo que deixa á  veciñanza desamparada no caso de que se produza unha  emerxencia”, critican os nacionalistas, que destacan o contraste co  que sucede coa Policía Local, que no verán reforzase con 35  auxiliares. No caso oposto atópase o Servizo de Emerxencias, que  “atópase no verán nunha situación aínda peor ca no inverno”. 

Fran Leiro sinalou que “desde o BNG comprometémonos a seguir  pendientes e reuníndonos cos traballadores, e traballar para por fin ao desprezo absoluto que sofren por parte do alcalde e do concelleiro  de Seguridade Cidadá, quen, curiosamente, foi membro de  Emerxencias hai tempo”. Esta é, a xuízo do BNG, unha demostración  máis da facilidade que ten Telmo Martín para “desmantelar e  degradar servizos básicos para a veciñanza”.

Relacionadas

O Concello de As Neves impulsa a mellora da seguridade viaria no Camiño do...

0
O Concello de As Neves vén de anunciar o inicio dun proxecto de mellora viaria no Camiño do Pazo, situado en Tortoreos, coa finalidade...

O Concello de Ponteareas sancionará á empresa prestadora do Servizo de Axuda no Fogar

0
O Concello de Ponteareas aprobou hoxe nun pleno extraordinario sancionar á empresa que presta o Servizo de Axuda no Fogar (SAF). Por unanimidade de...

O BNG de Vigo tacha de “estafa política” o programa de intermediación de vivenda...

0
A fronte nacionalista afea as “falsidades” do alcalde e desvela que o programa, cun custo de 230 mil euros para dous anos, só prevé...

Aberto o prazo para solicitar a bonificación do 40% do IBI para as familias...

0
O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, informa que no 2024 foron tramitadas 82 solicitudes desta axuda  O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, recordou esta mañá...

O BNG chama a unha nova mobilización masiva en Vigo en contra da “desfeita...

0
A fronte nacionalista pide ás viguesas e vigueses que volvan encher as rúas da cidade este xoves 16 de xaneiro en apoio da manifestación...

Tui reforza a súa aposta polo medio ambiente coas obras de mellora realizadas no...

0
Investíronse 68 mil euros renovando o peche perimetral, construíndo unha nova caseta para residuos eléctricos e reforzando a sinalización O Punto Limpo de Tui, situado...

Publicacións Relacionadas