Home Pontevedra Domínguez apoia aos policías e bombeiros nas súas reivindicacións sobre os bolardos...

Domínguez apoia aos policías e bombeiros nas súas reivindicacións sobre os bolardos da Rúa Peregrina

- Anuncio -

• O líder da oposición pide ao alcalde que “rectifique” e avogue polo “diálogo” á hora de tomar decisións que afectan, non só á seguridade dos cidadáns, senón tamén aos servizos de emerxencias

• O presidente do PP argumenta que os axentes da Policía Local e Nacional son “os grandes prexudicados pola falta de coordinación que existe entre o Concello de Pontevedra e a Subdelegación do Goberno”

O presidente e portavoz municipal do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, recibiu un informe da Policía Nacional no que “se pon de manifesto as dificultades que teñen os servizos de emerxencias para acceder ao centro da cidade cos novos bolardos instalados na rúa Peregrina”.

O xefe da oposición escoitou as reivindicacións dos sindicatos policiais e dos bombeiros sobre a instalación, por parte do Concello, destes elementos de limitación de tránsito que dificultan o seu traballo á hora de prestar unha resposta adecuada #ante unha emerxencia: “As ambulancias, os bombeiros e os policías prestan un servizo público que non pode ser limitado, impedido ou estar supeditado a que un axente municipal acuda coa chave para abrir a parte móbil do bolardo”.

O líder do PP pontevedrés recomenda ao Goberno local que avogue polo “diálogo” e a “procura de consenso” á hora de tomar decisións que afectan, non só aos cidadáns, senón tamén aos servizos de emerxencias.

Doutra banda, criticou que a concelleira de Seguridade Cidadá de Pontevedra, Eva Villaverde, mentise aos pontevedreses ao dicir que a decisión fora acordada co subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada.

O popular está “moi sorprendido” #ante os “dardos envelenados que se están lanzando o Concello e a Subdelegación do Goberno” desde que se paralizou o proxecto para completar o paseo peonil entre Pontevedra e Marín.

Domínguez, ao que impediron acudir á Xunta Local de Seguridade que protagonizaron o alcalde e o subdelegado do Goberno, onde o rexedor nacionalista omitiu falar sobre a súa intención de colocar novos bolardos, considera que “os grandes prexudicados por esta falta de coordinación entre institucións son os axentes da Policía Local e Nacional, que velan pola seguridade dos pontevedreses”.

Neste sentido, recomenda ao Goberno local que avogue polo “diálogo” e a “procura de consenso” á hora de tomar decisións que afectan, non só aos cidadáns, senón tamén aos servizos de emerxencias.

“O informe policial é rotundo. Este tipo de bolardos atrasan moito o acceso das patrullas ao centro histórico, xusto nun momento no que estamos a solicitar que se aumenten a presenza policial. Pido ao BNG que rectifique”, concluíu.

Relacionadas

O Concello de Nigrán insta ao Parlamento a que tramite de xeito urxente unha...

0
María Jesús Seoane, vicepresidenta de AGAELA e ex-traballadora do Concello de Nigrán , leu a moción ante a ovación dos seus antigos compañeiros e...

Covelo felicita a Leonor polo seu 101 aniversario

0
Leonor cumpre hoxe 101 anos na compaña do persoal da residencia de maiores de Covelo e das e das residentes. Esta veciña de Sabarís,...

Marín ruxirá esta fin de semana coa celebración en Briz do Ruxe Marín

0
Axe Bahía Batucada presentaron o evento xunto coa concelleira de Festas, Marián Sanmartín.  A Asociación Cultural Axé Bahia Batucada presentou xunto coa concelleira de Festas,...

Os xogos de auga do Paseo Alcalde Blanco volverán estar activos esta fin de...

0
A brigada municipal de Augas está estes días poñendo de novo en funcionamento o sistema, que non supón gasto de auga dado que se...

A Deputación remarca a pegada de “Sempre en Galiza” na cultura galega nas xornadas...

0
Rafa Domínguez recordou que o manuscrito orixinal “dun dos testemuños máis destacables da actividade de Castelao, no que da voz ao momento que vivía...

EuRural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño brillan baixo os focos...

0
Durante tres días o público puido visionar os vídeos promocionais da campaña ‘Vivir experiencias, compartir territorio’ e a contraportada do Canzine destacou o proxecto...

Publicacións Relacionadas