HomeO MorrazoMarínO BNG alerta do risco polo abandono dunha zona de Tiro Naval...

O BNG alerta do risco polo abandono dunha zona de Tiro Naval Janer

- Anuncio -spot_img

Celia García insta ao Concello a facerse cargo da limpeza dunha das parcelas de Tiro Naval Janer, onde a maleza invade o cableado eléctrico e ameaza con provocar a súa rotura polo exceso de peso

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) trasladou no pleno municipal, celebrado o pasado 9 de outubro ao goberno local, a necesidade urxente de actuar nunha das parcelas do Tiro Naval Janer, actualmente nun estado de total abandono.

A concelleira Celia García advertiu de que a maleza cobre por completo o cableado existente, o que supón un risco real de rotura debido ao peso da vexetación. Ademais, o entorno presenta un aspecto de deixadez, con herbas que invaden o espazo público e poden dificultar o acceso e a visibilidade na zona.

García reclamou que o concello asuma a responsabilidade e proceda de inmediato á limpeza da parcela, ao lembrar que “non se trata só dunha cuestión estética, senón tamén dun problema de seguridade e de prevención de danos”.

Dende o BNG solicitamos ao Concello que actúe de inmediato para poñer fin á situación de abandono existente nunha das áreas do Tiro Naval Janer e garantir a seguridade da veciñanza.

Publicacións Relacionadas