Home Pontevedra O Salnés O BNG carga contra Telmo Martín por deixar ao concello “Nunha preocupante...

O BNG carga contra Telmo Martín por deixar ao concello “Nunha preocupante sutuación de insalubridade” durante todo o verán

- Anuncio -

Os nacionalistas fanse eco das queixas de numerosos  veciños e visitantes pola escasez de colectores e as frecuencias de recollida, insuficientes para poder garantir  un servizo axeitado durante toda a tempada estival 

O voceiro do Bloque, Fran Leiro, lamenta que o alcalde “volva  deixar en evidencia a súa incapacidade de xestión” e advirte  de que nos dous últimos meses “atopámonos cunha situación  lamentable e malos cheiros” en diferentes emprazamentos  urbáns e rurais do municipio 

O grupo municipal do Bloque  Nacionalista Galego (BNG) de Sanxenxo denuncia, unha vez máis, a  incapacidade de xestión e a inacción permanente do Goberno municipal  de Telmo Martín, que está a protagonizar “un dos peores veráns dos  últimos anos”. Unha nova proba desta situación é o aspecto de  insalubridade e malos cheiros que se veñen rexistrando desde o comezo  da tempada estival en numerosos emprazamentos, tanto nos núcleos  máis urbáns como no rural.  

Os nacionalistas fanse eco das críticas e do malestar que lles trasladan  numerosos veciños e veciñas de diferentes parroquias, enfadados pola  imaxe que transmiten os colectores cheos de lixo, un feito que “nin  moito menos é puntual”, advirte o voceiro do Bloque, Fran Leiro.  “Desde o BNG levamos xa advertindo desde o inicio do verán que o número de recipientes é insuficiente. Se a iso lle sumamos que as  frecuencias, en moitos casos, tampouco chegan para poder retirar o lixo  atopámonos con malos cheiros e unha estampa de insalubridade que  dista moito das falsas imaxes de seriedade e limpeza que o señor  Martín pretende vender ao resto do mundo”, sinala o concelleiro da  oposición. 

Leiro sinala que lugares como as inmediacións dos portos de Sanxenxo  e Portonovo, ademais de zonas como Palacios, Noalla ou Nantes,  padecen este problema desde finais de xuño. “Non é un problema dos  operarios, senón da falta de previsión do señor Telmo Martín, ao que  tanto lle gusta o autobombo e autodefinirse como un bo xestor, cando é  todo o contrario”, critica o voceiro do BNG de Sanxenxo, que  responsabiliza ao rexedor de que “os comerciantes, hostaleiros, veciños  e veciñas e turistas non dispoñen de colectores suficientes para poder  depositar o lixo, polo que en moitas zonas hai que convivir cun feísmo e  unha insalubridade impropia dun concello como Sanxenxo”. 

A xuízo dos nacionalistas, os problemas derivados da pésima xestión da  recollida do lixo só é unha proba máis do “peor verán dos últimos anos”  protagonizado polo Goberno local do Partido Popular e por Telmo  Martín, quen “sube impostos á veciñanza e mellora o seu soldo ao  tempo que deixa en precario o funcionamento de moitos servizos  básicos”, conclúe Leiro.

Relacionadas

O Concello de As Neves impulsa a mellora da seguridade viaria no Camiño do...

0
O Concello de As Neves vén de anunciar o inicio dun proxecto de mellora viaria no Camiño do Pazo, situado en Tortoreos, coa finalidade...

O Concello de Ponteareas sancionará á empresa prestadora do Servizo de Axuda no Fogar

0
O Concello de Ponteareas aprobou hoxe nun pleno extraordinario sancionar á empresa que presta o Servizo de Axuda no Fogar (SAF). Por unanimidade de...

O BNG de Vigo tacha de “estafa política” o programa de intermediación de vivenda...

0
A fronte nacionalista afea as “falsidades” do alcalde e desvela que o programa, cun custo de 230 mil euros para dous anos, só prevé...

Aberto o prazo para solicitar a bonificación do 40% do IBI para as familias...

0
O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, informa que no 2024 foron tramitadas 82 solicitudes desta axuda  O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, recordou esta mañá...

O BNG chama a unha nova mobilización masiva en Vigo en contra da “desfeita...

0
A fronte nacionalista pide ás viguesas e vigueses que volvan encher as rúas da cidade este xoves 16 de xaneiro en apoio da manifestación...

Tui reforza a súa aposta polo medio ambiente coas obras de mellora realizadas no...

0
Investíronse 68 mil euros renovando o peche perimetral, construíndo unha nova caseta para residuos eléctricos e reforzando a sinalización O Punto Limpo de Tui, situado...

Publicacións Relacionadas