Home Pontevedra A Lama Alcaldes dos 5 concellos con cárceres reúnense en Madrid con representantes de...

Alcaldes dos 5 concellos con cárceres reúnense en Madrid con representantes de institucións peninteciarias

- Anuncio -

Solicitan unha compensación económica pola prestación de servizos públicos municipais e polo custo reputacional e o impacto que supón na súa imaxe dispoñer deste tipo de establecementos carcerarios

No día de hoxe os alcaldes dos cinco concellos galegos con centro penitenciarios (Curtis, Outeiro de Rei, Monterroso, Pereiro de Aguiar e A Lama) reunironse co Secretario de Institucións Penitenciarias e o Director Xeral en Madrid.

No encontro tratáronse varios asuntos en relación á afección e incidencia que supón para cada un dos municipios contar cun centro penitenciario.

Actualmente os concellos de Galicia con centros penitenciarios están prestando varios servizos públicos a estas instalacións, que lles supoñen un importante custe ás arcas municipais e polas que non se percibe ningún tipo de ingreso do Estado.

No encontro solicitouse a compensación económica equivalente ao importe que se debería percibir polo IBI en cada concello, e outra partida polo impacto que supón nos medios de comunicación e na sociedade as noticias por cumprimento de penas, como se perciben noutros concellos de España.

Proposta foi recollida con certa receptividade polos representantes do goberno central e comprometéronse a trasladarlle a proposta ao Minsiterio de Facenda.

Relacionadas

A Deputación leva ata Ponte Caldelas o programa “Aquí faltan páxinas” para afondar na...

0
A deputada de Igualdade, Sandra Bastos, abrirá o faladoiro este xoves 23 de maio, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura da vila, e...

A Deputación organiza no seu Edificio Administrativo cursos de español gratuítos para que inmigrantes...

0
A deputada de Benestar Social, Sandra Bastos, inaugurará o luns 20 de maio, ás 16:00 horas, esta acción formativa na que van participar máis...

A Deputación celebra a integración do Museo de Pontevedra en CODART, unha rede de...

0
“Con esta noticia completamos unha semana de grandes avances liderados polo Museo de Pontevedra para converter á provincia no epicentro cultural internacional”, remarcou o...

A Deputación de Pontevedra abre no Palacete das Mendoza a exposición “Música e pintura”...

0
A mostra do artista coruñés poderá visitarse na sede de Turismo Rías Baixas ata o vindeiro 2 de xuño A Deputación de Pontevedra acaba de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este sábado a Bueu co concerto de...

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este domingo a Rodeiro con Boyanka Kostova

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

Publicacións Relacionadas