O voceiro do BNG da Estrada, Xoán Reices, denuncia a falta de servizo de socorristas na praia fluvial do río Liñares durante a tempada de verán unha carencia que calificou de “irresponsábel” por parte do goberno local.
Ante a pergunta do BNG a este respecto no pleno, o Alcalde responde que non teñen a obriga legal. “Sabemos que a normativa non obriga expresamente a dotar as praias de servizo de socorrismo, mais isto non exime o concello da súa responsabilidade de velar pola seguridade da veciñanza, e máis cando é un servizo que si se ofrece na páxina web do concello para esta praia” argumentou Xoán Reices.
O BNG considera que o concello debera actuar con previsión e compromiso coa cidadanía, e máis neste caso no que se poderían aderir ao Plan Sapraga. “Non entendemos porque non nos aderimos ao Plan Sapraga estes dous últimos anos, parécenos un exercicio de desidia ou incompetencia”