O BNG de Meaño denuncia o mal estado de tres puntos no concello

adminON
Lectura mínima de 1

Piden ao goberno municipal o arranxo inmediato ante o risco que supón para as persoas

O BNG de Meaño ven de denunciar publicamente o mal estado de tes puntos no concello e insta a súa reparación o antes posíbel diante do perigo que pode ocasionar aos e ás viandantes.

pasarela na Ponte de Dena continúa estragada, con táboas desprazadas que provocan un oco de varios centímetros o que supón un perigo para os peóns e especialmente para as persoas con mobilidade reducida.

No lugar de Abuín en Dena unha das varandas da ponte do río segue sen repoñerse ocasionando un perigo para peóns e vehículos ao paso pola mesma.

acceso comunal a un monte entre Xil e Cobas quedou totalmente impracticable para a veciñanza tras a retirada de madeira no último inverno. O BNG esixe a intervención da Alcaldía, xa que en caso de incendio tampouco podería pasar un camión de extinción.

Comparte este artigo