Home O Salnés Meaño O BNG de Meaño denuncia que tras a finalización das obras de...

O BNG de Meaño denuncia que tras a finalización das obras de ampliación do vial A Pedreira-Barreiro-Picón, un dos veciños que cedeu gratuitamente 167m2 do seu viñedo para o ensanche da estrada aínda non ten reparados os danos causados a consecuencia das obras

- Anuncio -

O BNG de Meaño denuncia que tras a finalización das obras de ampliación do vial A Pedreira-Barreiro-Picón, na parroquia de Xil, un dos veciños que cedeu gratuitamente 167m2 do seu viñedo para o ensanche da estrada aínda non ten reparados os danos causados a consecuencia das obras.
Este proxecto de ampliación implica o retranqueo de viñedos de numerosos propietarios, aos que se lle recolocou a estrutura da viña en tempo e forma, mais resta unha parcela na que as obras están incompletas. O propietario en cuestión presentou por rexistro o 5 de setembro un informe pericial que detalla os danos e prexuízos ocasionados e solicita ao Concello de Meaño a pertinente indemnización.

O viñedo leva desde o mes de marzo sen unha estrutura metálica que soporte as cepas e continúa así a día de hoxe. Cómpre ter en conta que estes meses son os máis delicados para o coidado do viñedo e para a posterior recollida da uva. Durante este tempo o propietario contactou en numerosas ocasións co Goberno Local e manifesta o desinterese e a pouca responsabilidade amosada pola Alcaldía.

O BNG considera que este tipo de obras, nas que a veciñanza cede o seu terreo de xeito desinteresado, deben realizarse no menor tempo posible e non ocasionarlle ningún prexuízo aos veciños e veciñas.

Relacionadas

O consistorio dota de sanemento a PonteCabaleiros e Urzal

0
As obras consistiron en dotar de saneamento a barrios da parroquia de Barcela en Arbo, que carecían do mesmoAs obras, cuio importe ascendeu a...

O vicepresidente Rafa Domínguez presenta “Unha árbore cae”, a publicación editada pola Deputación que...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de presentar no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra “Unha árbore cae”, a publicación editada...

O concello de Bueu recibe aos alevíns do Club do Mar Bueu polos éxitos...

0
Dende o consistorio déronlles os parabéns polo 6º posto acadado no LXXXI Campionato de España de Bateis O Concello de Bueu organizou esta tarde un...

A Deputación concede preto de 50.000 € a Ponte Caldelas para reparar o campo...

0
Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que repartiu xa 2,5 millóns de euros entre os concellos de menos de 50.000 habitantes...

A Deputación celebra a inclusión dos xardíns da Estación Fitopatolóxica Areeiro na Ruta dos...

0
Trátase do segundo xardín da Deputación en formar parte deste percorrido promovido pola Xunta de Galicia, que xa incluía os do Castelo de Soutomaior Na...

Convocada unha visita á piscina municipal para as empresas interesadas en presentarse á súa...

0
Esta visita enmárcase no proceso aberto de licitación para contratar á empresa que se encargará de xestionar a piscina municipal, unha vez rematado o...

Publicacións Relacionadas