O BNG de Poio solicitará ao Goberno Local a creación dunha Comisión especial para resolver o conflito coa Policía Local

adminON
Lectura mínima de 3

O BNG de Poio levará ao pleno de Decembro a problemática da Policía Local dada as diferencias que nos últimos meses están mantendo Goberno Local e a plantilla da Policía Local, incluso con comunicados opostos nos medios de comunicacións.

En palabras da voceira municipal, Marga Caldas, “a veciñanza de Poio non pode sufrir as consecuencias desta situación que entendemos que non se pode manter no tempo, o Goberno debe xestionar e buscar solucións e acercamento co persoal da Policía para restablecer canto antes o servizo”. No último pleno a voceira do BNG preguntaba ao responsábel de persoal e a delegada da seguridade ciudadá si existira un achegamento ou dialogo coa plantilla da Policía Local e ningún dos dous respondeu a pregunta. Tampouco temos información sobre os días que o servizo da Policía mantense pechada. Esta situacións afecta aos veciños que non poden xestionar coches obstaculizados nas entradas de garaxes, ou calquera incidencia, incidente grave ou delito que precise da presenza dos axentes.

Lembrar que o PP na oposición esixía o servizo de noite e agora non e capaz de manter o servizo de día, algo insólito na historia de Poio. Nos últimas semanas presenciamos acusacións cruzadas entre o sindicato que representa a Policía Local e o rexedor municipal. Un claro exemplo dun goberno local incapaz de xestionar un conflitos que afectan ao persoal municipal.

Por estes motivos, o BNG vai solicitar a creación dunha Comisión especial encargada de velar polas condicións de traballo dos axentes municipais que nos últimos meses manteñen posturas diferenciadas coa xestión do servizo por parte do Goberno.

O regulamento orgánico municipal permite a creación deste órgano que precisa da aprobación da Corporación Municipal. Esta comisión debe estar formado polos representantes sindicais baixo a coordinación da mesa que debe recaer no secretario municipal do Concello , responsábel directo do persoal municipal.
O obxectivo desta mesa debe ser elaborar un documento de consenso para restablecer canto antes o servizo diúrno da Policía Local. Dende o BNG a diferencia do PP queremos ser unha oposición útil, coherente e seria. Observamos unha clara incapacidade do goberno local para poder resolver este conflito e isto provoca unha deriva do servizo municipal. Un conflito desta magnitude debería esixir responsabilidades políticas directas aos delegados encargados de xestionar solucións. O BNG de Poio cando estivo no goberno municipal sempre mantivo un dialogo aberto co persoal municipal intentando resolver conflitos, cunha escoita activa e sempre mantendo consenso cos representantes sindicais, pola contra “temos o PP de Poio que é experto en provocar confrontacións como fai o actual alcalde”

Comparte este artigo