HomePontevedraCaldasO Concello de Caldas de Reis reforzará ás áreas de obras, limpeza...

O Concello de Caldas de Reis reforzará ás áreas de obras, limpeza e recollida de lixo a través do Programa +Provincia da Deputación de Pontevedra

- Anuncio -spot_img

A Administración municipal incorporará a sete  traballadores ou traballadoras, con contratos de 30 horas  semanais e dez meses de duración 

O alcalde, Jacobo Pérez, lembra que na actualidade o  Concello aínda está condicionado polas limitacións da  taxa de reposición aprobada polo ministro Montoro e  incide en que o obxectivo do Goberno local é poder sacar  máis prazas en canto sexa posible 

O Concello de Caldas de Reis activou os trámites para reforzar o seu persoal municipal coa  incorporación temporal de sete persoas. Esta medida lévase a cabo ao  abeiro do Programa +Provincia, impulsado pola Deputación de  Pontevedra, e facilitará que a Administración local conte cun maior  número de efectivos nas áreas de Obras e de Xesión de Residuos  Sólidos Urbanos (RSU). Tal e como explica o alcalde, Jacobo Pérez, os  contratos serán de 30 horas semanais, cunha duración de dez meses. 

Poderán acceder a estes postos persoas que se atopen inscritas no  Servizo Público de Emprego de Galicia. 

En concreto, o Concello incorporará un condutor operativo de  retroexcavadora, un oficial de 1º de Albanel, un enxeñeiro forestal, dous  peóns para obra pública e outros dous peóns para tarefas de limpeza.  Pérez Gulín recorda que a día de hoxe Caldas conta con sete  traballadores fixos no departamento de Obras e dez para a xestión da  recollida do lixo. “Desde o primeiro momento marcámonos o obxectivo  de tratar de acadar un volumen de persoal acorde coas necesidades do  Concello, pero a día de hoxe aínda estamos moi condicionados polas  limitacións da taxa de reposición que aprobou o ministro Montoro  durante o Goberno do Partido Popular”, explicou. Unha das metas neste  mandato é conseguir reforzar estas áreas, pero “mentres non sexa  posible facelo, buscamos outras fórmulas para garantir que todos os  veciños e veciñas de Caldas de Reis conten con estes servizos tan  importantes”, engadiu o alcalde. Ademais das contratacións temporais  a través do Programa +Provincia, o Goberno local tamén impulsou a  contratación externa de servizos como a limpeza e mantemento de vías  e cunetas no rural. “Desde que se aplicou a taxa de reposición, Caldas  foi medrando, polo que temos que adaptarnos ás necesidades dentro  da marxe de manobra que ten a Administración local”, recalcou Jacobo  Pérez, que tamén destacou o esforzo que está a facer o persoal á hora  de acometer os traballos de limpeza, mantemento e reparacións tanto  no rural como no núcleo. Precisamente, estes días os operarios están  a centrar os esforzos na limpeza de varias rúas do casco urbano, o que fai necesario prohibicións limitadas no tempo de estacionamiento, mentres que no rural estase a proceder ao desbroce e posta a punto de  viais nas parroquias de Godos e Saiar. 

Con respecto ao proceso de contratación, o Concello recorda que para  a selección de candidatos teranse en conta varios factores. Deste xeito,  haberá preferencia para persoas que se atopan en situación de  desemprego de longa duración, así como para mulleres e mozos e  mozas con baixa cualificación. Tamén terán máis posibilidades de  acceso a estes contratos temporais persoas maiores de 45 anos ou  aquelas que poidan acreditar unha discapacidade física de máis do 65%  ou con máis dificultades para acceder ao mercado laboral. As vítimas  de violencia de xénero, as familias monoparientais e as persoas con  nieveis de renda máis baixa tamén terán prioridade no proceso  selectivo.

Publicacións Relacionadas