Free Porn
xbporn
Home Pontevedra O BNG de Vigo critica que Abel Caballero volva erixirse en “alcalde...

O BNG de Vigo critica que Abel Caballero volva erixirse en “alcalde teloneiro” dos concertos de Castrelos

- Anuncio -

A fronte nacionalista defende que Castrelos non pode ser “escenario para o ego imperial” do rexedor e ironizan con que xa falou máis tempo alí que nos últimos Plenos municipais dos que “foxe para ir de tertuliano televisivo”

Denuncian o deseño excluínte e caprichoso da programación de concertos, que marxina a música en galego, sen apenas variedade de estilos, con escasa presenza de artistas femininas e vetando Castrelos a grupos da cidade

Xabier P. Igrexas: “Para Caballero as viguesas e vigueses só poden escoitar indie, pop ou música urbana, o seu Spotify debe ser ben triste”


VIGO, 14 de xullo 2024.- Após o concerto de Dani Fernández este sábado co que se iniciaron os concertos no Auditorio de Castrelos deste verán, o Bloque Nacionalista Galego critica que Abel Caballero volva erixirse, un ano máis, en “alcalde teloneiro”.

O portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, denunciou que o rexedor volveu converter un acto acto organizado polo Concello e financiado con diñeiro público nun mitin personalista. “É ridículo e indefendíbel que Caballero teime en ser o alcalde teloneiro, facendo refén o público que asiste a un concerto para convertelo nun acto de culto a si mesmo”, afirmou, acrecentando que “en ningunha outra cidade sucede algo así, coa excepción dos alardes de Jácome en Ourense”.

“Caballero xa falou máis tempo no escenario de Castrelos que nos últimos Plenos, dos que foxe para ir de tertuliano en televisión, ese é o nivel”, ironizou.

A fronte nacionalista defende que os grandes concertos de verán, as festas que pagan todas as viguesas e vigueses con diñeiro público, non poden ser utilizadas como “grande escenario para o ego imperial de Abel Caballero”. Igrexas xulga inaceptábel que o alcalde confunda permanentemente a institución municipal co seu partido e reduza a cidade á súa propia persoa.

Programación excluínte

O portavoz municipal nacionalista tamén expresou críticas á programación de concertos en Castrelos, lamentando que “un ano máis obeceden a unha visión reducida e caprichosa do propio Goberno municipal”.

Igrexas denunciou que a programación marxina totalmente a música en galego, nun momento no que artistas e grupos musicais na nosa lingua están a demostrar o seu talento sen límites e a colleitar éxitos sen precedentes. “Estamos diante dun exemplo máis da galegofobia do goberno de Caballero, a mesma galegofobia que fai que ningún dos catro espectáculos infantís programados se vaia realizar no noso idioma”, argumentou.

Desde o BNG expresan tamén a súa preocupación pola falla de visibilidade de artistas e bandas femininas. Para as nacionalistas que en 11 actuacións só se inclúan dúas cantantes, Aitana e Luz Casal, “non ten xustificación e menos para un goberno que se di feminista”.

Aliás, unha das principais críticas ten a ver coa falla de variedade de estilos que desaproveita o o potencial que ten o Auditorio de Castrelos como un dos máis importantes espazos para a música en directo do noso País. “11 concertos, pero cero presenza de estilos como o rock, o metal, o rap, o punk, ou folk e música tradicional, para Caballero as viguesas e vigueses só poden escoitar indie, pop ou música urbana, o seu Spotify debe ser ben triste”, reprochou Igrexas.

O nacionalista sinalou o novo “desprezo a grupos e artistas locais aos que parece que se lle ten vetado o acceso ao escenario de Castrelos”, a pesar do enorme papel que sigue a ter Vigo na escena musical galega, estatal e internacional. “É indefendíbel que que as únicas actuacións con algunha vinculación a Vigo sexan a da Coral Casablanca ou a de Sen Senra”, explicou.

“Onde está o Festival Rocking Vigo que prometeu Caballero o ano pasado e que nunca se chegou a realizar? Por que sigue castigando o alcalde aos grupos e artistas da nosa cidade?” preguntouse Igrexas.

O BNG defebde que a programación de concertos da maior cidade de Galiza non pode seguir insistindo nun deseño excluínte que lle vira as costas á propia cidade e á nosa cultura e que resumen en apenas tres palabras: “máis do mesmo”.

Relacionadas

As bandas de música de Jumilla e Tui actúan este venres na praza de...

0
Será ás 21 h no XXIX Festival de Bandas de Música O son das bandas de música pechará este venres, 23 de agosto, ás 21...

Tomiño rehabilita o lavadoiro da Portela, na parroquia da Sobrada

0
O Concello continúa coa súa labor de recuperación do patrimonio etnográfico e arquitectónico do municipio para o desfrute da veciñanza O Concello de Tomiño continúa...

Redondela acolle a X Xuntanza Moteira Vila dos Viadutos

0
O Campo da Feira de Redondela acolle o vindeiro 31 de agosto a X Xuntanza Moteira Vila dos Viadutos, organizada polo Motoclub Redondela e...

O concello do Porriño aproba o seu orzamento máis alto: 21 M de euros

0
O orzamento, que foi aprobado inicialmente cos votos a favor do equipo de goberno e os votos en contra dos grupos da oposición, ascenden...

O Grupo Municipal Socialista de Redondela demanda manter o actual canon de Sogama

0
- Os socialistas levarán ao próximo pleno do mes de agosto unha moción na que instan á Xunta de Galicia “a que non suba...

Mes de proba gratis no Club Natación Mos

0
O Club Natación Mos ofrece un mes de proba gratuíto, en setembro ou outubro, a nenos nados entre os anos 2017 e 2012. O Club...

Publicacións Relacionadas