Home Pontevedra A Lama A lectura dun manifesto no salón de plenos sirve de acto de...

A lectura dun manifesto no salón de plenos sirve de acto de conmemoración do 8 de Marzo no Concello da Lama

- Anuncio -

A concelleira Trinidad Fernández Oubiña reclamou maiores avances sociais para eliminar as desigualdades, a discriminación e a violencia contras as mulleres

A lectura dun manifesto, a cargo da concelleira Trinidad Fernández Oubiña, en favor da eliminación das desigualdades, a discriminación e a violencia contra as mulleres serviu de acto central no Concello da Lama para conmemorar o 8 de Marzo, Día Internacional da Muller, presidido polo alcalde David Carrera e que contou coa presenza do concelleiro de Cultura e Deportes, Plácido Pillado, así como da xuiza de Paz, Mercedes Fernández, a avogada do CIM, Adriana Fontaíña e a psicóloga do CIM, Galiza Aguete.

Este acto conmemorativo, celebrado no Salón de Plenos, inclúese dentro dun amplo abano de actividades promovidas e coordinadas polo Centro de Información á Muller (CIM), consistentes na posta en marcha de varios obradoiros relacionados cos estereotipos de xénero, igualdade no traballo e nas tarefas do fogar e que tiveron como protagonistas ao alumnado de educación infantil e primaria.

A concelleira de Igualdade, Trinidad Fernández Oubiña, sinalou na súa alocución que aínda que en España o marco normativo en materia de igualdade é un dos máis avanzados no mundo aínda estaba lonxe o obxectivo de acadar unha igualdade real entre homes e mulleres.

Fernández indicou que as mulleres, sobre todo no ámbito rural, “teñen un papel fundamental na loita contra a despoboación e o reto demográfico” e avogou por incrementar, desde o ámbito rural, a participación activa das mulleres na vida política e social local. “Estes compromisos débense plasmar no deseño e xestión dunhas políticas sociais que convertan as nosas sociedades en motores de transformación. É por elo que propoñemos incorporar a perspectiva de xénero en todas as nosas políticas e programas, aplicar medidas para garantir a igualdade salarial e de oportunidades no emprego promovendo a participación equitativa de mulleres en todos os niveis e sectores laborais e impulsar campañas de prevención e sensibilización contra a violencia de xénero dando apoio integral ás mulleres e traballando na erradicación da violencia machista”.

Relacionadas

O consistorio dota de sanemento a PonteCabaleiros e Urzal

0
As obras consistiron en dotar de saneamento a barrios da parroquia de Barcela en Arbo, que carecían do mesmoAs obras, cuio importe ascendeu a...

O vicepresidente Rafa Domínguez presenta “Unha árbore cae”, a publicación editada pola Deputación que...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de presentar no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra “Unha árbore cae”, a publicación editada...

O concello de Bueu recibe aos alevíns do Club do Mar Bueu polos éxitos...

0
Dende o consistorio déronlles os parabéns polo 6º posto acadado no LXXXI Campionato de España de Bateis O Concello de Bueu organizou esta tarde un...

A Deputación concede preto de 50.000 € a Ponte Caldelas para reparar o campo...

0
Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que repartiu xa 2,5 millóns de euros entre os concellos de menos de 50.000 habitantes...

A Deputación celebra a inclusión dos xardíns da Estación Fitopatolóxica Areeiro na Ruta dos...

0
Trátase do segundo xardín da Deputación en formar parte deste percorrido promovido pola Xunta de Galicia, que xa incluía os do Castelo de Soutomaior Na...

Convocada unha visita á piscina municipal para as empresas interesadas en presentarse á súa...

0
Esta visita enmárcase no proceso aberto de licitación para contratar á empresa que se encargará de xestionar a piscina municipal, unha vez rematado o...

Publicacións Relacionadas