O BNG de Vigo esixe máxima transparencia na elaboración do novo plan de usos do Porto

adminON
Lectura mínima de 7

Demanda a Autoridade Portuaria que faga público o proceso de tramitación das alegacións presentadas, hai sete meses, á Delimitación de Espazos e Usos Portuarios (DEUP)

Acusa a Carlos Botana de “escurantismo, falla de participación e de diálogo” na definición dun documento chave para o futuro do Porto de Vigo

Xabier P. Igrexas: “A cidadanía viguesa ten dereito a coñecer como se toman decisións que afectan o seu entorno e o futuro da ría”

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) de Vigo vén de anunciar que se dirixirá formalmente ao presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Carlos Botana, para lle esixir “máxima transparencia” no proceso de elaboración da Delimitación de Espazos e Usos Portuarios (DEUP).

O portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, denunciou a “opacidade” coa que se está a tramitar  “un documento chave para o futuro do porto, da ría e da propia cidade”, e reclama que se faga público, de forma clara e detallada, como se atenderán as alegacións presentadas durante o período de exposición pública, incluíndo as formuladas polo BNG en novembro de 2024.

Un modelo portuario sustentábel e respectuoso coa cidade

Nas súas alegacións, o BNG defende un modelo de porto que priorice a sustentabilidade ambiental e a integración urbana, rexeitando novos recheos e a instalación de eólica mariña para protexer o valioso ecosistema da Ría de Vigo. Aliás, propoñen limitar as actividades industriais contaminantes e apostar por usos ligados á pesca, á construción naval, á náutica e á conservación ambiental.

Igrexas destacou a necesidade de optimizar os espazos portuarios actuais, evitando usos que non requiran estar a pé de mar, e propuxo reforzar a Plataforma Loxística e Industrial de Salvaterra-As Neves (PLISAN) como “verdadeiro porto seco”.

Ademais, o BNG demanda a desafectación de zonas como a avenida de Beiramar ou o Areal para convertelas en espazos públicos de lecer e convivencia, co obxectivo de mellorar o acceso cidadán ao mar e superar a barreira que o porto supón para a cidade. “Non podemos permitir que o porto siga sendo un atranco insalvábel no acceso público ao mar”, insistiu Igrexas.

Crítica á xestión “escurantista” da Autoridade Portuaria

Sete meses despois da presentación das alegacións, o BNG lamenta a falta de información sobre como se resolverán as propostas formuladas taménpor outros colectivos e asociacións. Igrexas cualificou de “inaceptábel” que a Autoridade Portuaria tramite o DEUP “de costas á cidade”, sen diálogo nin participación cidadá. “A Ría de Vigo non pode ser vítima dunha xestión portuaria escurantista que antepón intereses privados á sustentabilidade e ao ben común”, afirmou.

O BNG comprométese a vixiar de cerca o proceso para garantir que o novo plan de usos reflicta un modelo de porto respectuoso co medio ambiente e coas necesidades da cidadanía viguesa. “Seguiremos esixindo que as decisións se tomen con luz e taquígrafos, porque o futuro da Porto de Vigo non pode decidirse en despachos pechados”, concluíu Igrexas.

Demanda a Autoridade Portuaria que faga público o proceso de tramitación das alegacións presentadas, hai sete meses, á Delimitación de Espazos e Usos Portuarios (DEUP)

Acusa a Carlos Botana de “escurantismo, falla de participación e de diálogo” na definición dun documento chave para o futuro do Porto de Vigo

Xabier P. Igrexas: “A cidadanía viguesa ten dereito a coñecer como se toman decisións que afectan o seu entorno e o futuro da ría”

VIGO, 8 de maio 2025.- O Bloque Nacionalista Galego (BNG) de Vigo vén de anunciar que se dirixirá formalmente ao presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Carlos Botana, para lle esixir “máxima transparencia” no proceso de elaboración da Delimitación de Espazos e Usos Portuarios (DEUP).

O portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, denunciou a “opacidade” coa que se está a tramitar  “un documento chave para o futuro do porto, da ría e da propia cidade”, e reclama que se faga público, de forma clara e detallada, como se atenderán as alegacións presentadas durante o período de exposición pública, incluíndo as formuladas polo BNG en novembro de 2024.

Un modelo portuario sustentábel e respectuoso coa cidade

Nas súas alegacións, o BNG defende un modelo de porto que priorice a sustentabilidade ambiental e a integración urbana, rexeitando novos recheos e a instalación de eólica mariña para protexer o valioso ecosistema da Ría de Vigo. Aliás, propoñen limitar as actividades industriais contaminantes e apostar por usos ligados á pesca, á construción naval, á náutica e á conservación ambiental.

Igrexas destacou a necesidade de optimizar os espazos portuarios actuais, evitando usos que non requiran estar a pé de mar, e propuxo reforzar a Plataforma Loxística e Industrial de Salvaterra-As Neves (PLISAN) como “verdadeiro porto seco”.

Ademais, o BNG demanda a desafectación de zonas como a avenida de Beiramar ou o Areal para convertelas en espazos públicos de lecer e convivencia, co obxectivo de mellorar o acceso cidadán ao mar e superar a barreira que o porto supón para a cidade. “Non podemos permitir que o porto siga sendo un atranco insalvábel no acceso público ao mar”, insistiu Igrexas.

Crítica á xestión “escurantista” da Autoridade Portuaria

Sete meses despois da presentación das alegacións, o BNG lamenta a falta de información sobre como se resolverán as propostas formuladas taménpor outros colectivos e asociacións. Igrexas cualificou de “inaceptábel” que a Autoridade Portuaria tramite o DEUP “de costas á cidade”, sen diálogo nin participación cidadá. “A Ría de Vigo non pode ser vítima dunha xestión portuaria escurantista que antepón intereses privados á sustentabilidade e ao ben común”, afirmou.

O BNG comprométese a vixiar de cerca o proceso para garantir que o novo plan de usos reflicta un modelo de porto respectuoso co medio ambiente e coas necesidades da cidadanía viguesa. “Seguiremos esixindo que as decisións se tomen con luz e taquígrafos, porque o futuro da Porto de Vigo non pode decidirse en despachos pechados”, concluíu Igrexas.

Comparte este artigo