HomeO SalnésCambadosO BNG, dentro do seu Programa de Goberno para o periodo 2023-2027,...

O BNG, dentro do seu Programa de Goberno para o periodo 2023-2027, prevé un conxunto de medidas no ámbito da educación e cultura

- Anuncio -spot_img

O BNG, dentro do seu Programa de Goberno para o periodo 2023-2027, prevé un conxunto de medidas no ámbito da educación e cultura, caracterizadas polo apego á cultura galega e a posta en valor dos rico patrimonio cultural cambadés.

Dentro do primeiro grupo, o BNG anuncia a súa intención de recuperar a Feira do Libro, extinta durante este mandato, e que puña a Cambados no mapa das vilas galegas parte deste tecido cultural.

Entre as propostas de posta en valor do noso patrimonio cultural queremos destacar que o BNG rematará o proxecto orixinal do Museo Cabanillas, agora en suspenso; renovará e ampliará o Roteiro Cabanillas; e asumirá como actividade municipal o Premio Ramón Cabanillas, transformándoo nun premio de carácter literario e de investigación sobre a figura do poeta. Estas actuacións conxuntas arredor do noso máis destacado poeta oriéntanse a convertilo no emblema turístico e cultural da nosa vila.

Publicacións Relacionadas