O BNG denuncia que continúan os problemas no subministro eléctrico en Cerdedo-Cotobade, ante a pasividade do goberno municipal

adminON
Lectura mínima de 4

Ernesto Filgueira: “Agora que estamos no ano Castelao, sr. Cubela, mexan  por nós e temos que dicir que chove? Espabile e actúe”  

“Chove sobre mollado”, afirmou o portavoz municipa do BNG, Ernesto Filgueira diante dos contínuos cortes de subministro eléctrico que padece  Cerdedo-Cotobade. “Días nos que hai parroquias enteiras sen luz (Tenorio, Viascón, San Xurxo)  ou nas que o subministro eléctrico falla durante horas (Almofrei, Loureiro, Borela, Carballedo,  Valongo, Quireza, Cerdedo..). Onte mesmo, sen ir máis lonxe, o colexio de Tenorio estivo sen  electricidade e a escola infantil sen luz, nin calefacción. É hora de dicir Basta !”, afirmou  portavoz nacionalista. 

Non é un problema novo. Repítese reiteradamente, a pouco que chova ou vente, e sen que sexa  preciso a chegada dun temporal. No PP sábeno ben, e pouco lles importa, porque  reiteradamente votan no concello en contra das propostas do BNG de esixirlle á empresa  subministradora que mellore un tendido que fai auga por todas partes. 

Calquera que coñeza a situación dos tendidos eléctricos no noso concello saben que están  obsoletos, e que temos postes de madeira que fenden con facilidade, tirando os tendidos e  creando moitos prexuizos á veciñanza, ao tecido económico e á comunidade educativa. Somos  unha potencia eléctrica. Exportamos boa parte da electricidade que producimos para xerar  riqueza noutros territorios, mentres aquí temos unhas infraestruturas eléctricas incapaces de  darlle aos nosos veciños e veciñas un mínimo servizo de calidade. 

Telefonía fixa e Fibra ópti 

Aos contínuos problemas co subministro eléctrico hai que engadir os fallos constantes na  telefonía fixa e na fibra, unha fibra que, por certo “vostede prometeu que en 2023 chegar 100% de Cerdedo-Cotobade. Estamos en 2025, e as súas promesas, máis unha vez, fóronse co  vento”, afirmou Ernesto Filgueir 

“É hora de que o alcalde de Cerdedo-Cotobade deixe de poñerse de perfil e plante cara dunh vez por todas”, afirmou Filgueira. “Éncheselles a boca falando da importancia de revitalizar  rural, pero á hora de actuar para crear as condicións para que se poida vivir dignamente, nada  de nada”. 

Páxina 1 

“Os problemas contínuos co subministro eléctrico, ou coa fibra óptica, súmanse ao deterioro d servizos tan básicos como a sanidade pública, a perda da oficina bancaria de Carballedo ou  mala cobertura no mapa de emerxencias. E temos que buscarlle solucións, con seriedade e con  firmeza. Estar de brazos cruzados só fai que a situación se vaia deteriorando máis e máis” 

“Se non conseguimos manter e acrecentar servizos, será moi difícil frear a sangría demográfic que levamos anos padecendo. Desde a fusión, en 2016, en Cerdedo-Cotobade perdemos máis de  300 veciños e veciñas, unha cifra abultada que fala por si soa”. 

“Agora que estamos no Ano Castelao, señor Cubela, permítame que recorra ao ilustre  nacionalista galego. Visto o visto parece que “mexan por nós e ten que dicir que chove”. Non  son tempos de estar calados. Espabile e actúe. E o que lle demandamos desde o BNG e o que lle  demandan, a bo seguro, a maior parte dos nosos veciños e veciñas”, concluíu o portavoz  nacionalista

Comparte este artigo