HomeVigoO PorriñoO concello do Porriño súmase ao Plan SEVIC da Deputación para mellorar...

O concello do Porriño súmase ao Plan SEVIC da Deputación para mellorar a xestión de residuos e cumprir coa normativa estatal

- Anuncio -spot_img

Durante estas visitas, facilitaranse guías informativas para resolver calquera dúbida que poidan ter os axentes económicos e sociais locais.

O Concello do Porriño informa da súa adhesión ao Plan Bianual 2024-2025 do servizo de vixilancia, inspección e control da xestión de residuos (SEVIC), impulsado pola Deputación de Pontevedra, que ten como obxectivo garantir o cumprimento da Lei 7/2022, de residuos e solos contaminados para unha economía circular.

A partir deste 28 de maio, os técnicos do SEVIC iniciarán as primeiras visitas formativas e informativas aos produtores de residuos do municipio, incluíndo establecementos comerciais, servizos e outros xeradores significativos de residuos non domésticos. Estas accións están centradas na comprobación da correcta separación das distintas fraccións de residuos (biorresiduos, papel, vidro, envases, aceites usados, téxtil, voluminosos, entre outros), así como na información sobre os procedementos axeitados para a súa xestión.

Durante estas visitas, facilitaranse guías informativas e porase á disposición un número de contacto telefónico para resolver calquera dúbida que poidan ter os axentes económicos e sociais locais.
“A nosa prioridade é avanzar cara a unha xestión máis sostible e eficiente dos residuos, e facelo da man da Deputación supón unha oportunidade para mellorar os servizos que prestamos e adaptarnos ao marco legal vixente”, sinalou o alcade, Alejandro Lorenzo.

Publicacións Relacionadas