Home Pontevedra O BNG esixe retirar o proxecto Vigo Arena do novo PXOM por...

O BNG esixe retirar o proxecto Vigo Arena do novo PXOM por destruír unha gran zona verde en Navia

- Anuncio -

A fronte nacionalista traslada o seu apoio á loita da plataforma ‘Salvemos a Barroca’ en defensa de 25 mil metros cadrados de bosque ameazados pola obra de Abel Caballero

Denuncia que o Goberno local “colou pola porta de atrás” este proxecto no novo PXOM, recualificando unha zona verde como dotacional, e sen posibilidade de alegación veciñal

Xabier P. Igrexas: “Ningún mausoleo para macroconcertos como o Vigo Arena pode xustificar un arboricidio a grande escala”

O Bloque Nacionalista Galego esixe a retirada do proxecto Vigo Arena do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), pendente da aprobación definitiva. A fronte nacionalista vén de trasladar o seu apoio á loita da plataforma ‘Salvemos a Barroca’, coa que mantivo un encontro, en defensa de 25 mil metros cadrados de bosque, na carballeira de Casaliños en Navia, ameazados pola obra.

“É irracional que Abel Caballero pretenda arrasar cunha zona verde para a converter nun espazo de cemento para usos dotacionais”, criticou o portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, reivindicando que o Bloque foi a única forza política que se opuxo a este proxecto, nun enclave de elevado valor ambiental con máis de 40 especies de aves rexistradas, durante a aprobación provisional do novo Plan Xeral.

A este respecto, Igrexas lembrou que o Goberno local “colou este atentado ambiental pola porta de atrás” na tramitación do PXOM, recualificando este ámbito que figuraba como zona verde na aprobación inicial pero que pasou a dotacional na provisional. “Un cambio sen ningún tipo de transparencia e impedindo a participación da veciñanza, que só puido alegar contra o documento inicial e non contra esta modificación”, afeou.

O portavoz municipal nacionalista advertiu que “ningún mausoleo para macroconcertos como o Vigo Arena pode xustificar un arboricidio a grande escala”. En particular, asegurou, nun ámbito como Navia que xa soporta unha importante urbanización que supuxo a desaparición de espazos naturais “que non se poden suplir con pequenas zonas axardinadas”.

Por estes motivos, dende o Bloque reiteraron a demanda de que o Goberno de Caballero rectifique o documento do novo PXOM para retirar este e outros proxectos que “queren condenar Vigo a un modelo de cidade gris cemento”. Defendeu, no sentido contrario, un planeamento que permita que Vigo avance cara a unha cidade “moito máis verde e sustentábel” que enfronte a situación de emerxencia climática, declarada formalmente en 2019 por acordo unánime do Pleno co “cínico” voto a prol do PSOE. 

Relacionadas

O Concello publica as bases para o Premio Liberación

0
O obxectivo é homenaxear e recoñecer a aquelas persoas ou entidades que contribuiran significativamente á historia, cultur progreso ou benestar de Marín.  Calquera asociación ou...

Vilaboa renoba 105 iluminarias no Alcouce e Barciela para mellorar a eficiencia enerxética

0
O investimento supera os 37.000 euros e reducirá o coste do alumeado público O Concello de Vilaboa segue a traballar na mellora da eficiencia enerxética...

Luis López afirma que a 60 Exposición Internacional da Camelia será “unha festa” que...

0
O presidente da Deputación, acompañado polo deputado Javier Tourís, presenta o programa da sesenta edición do evento que terá lugar os días 22 e...

Continúan as obras de rehabilitación da antiga Casa da Sociedade de Fornelos

0
A Alcaldesa de Salvaterra de Miño, xunto co Concelleiro de obras e o presidente da  Comunidade de Montes de Fornelos supervisan as últimas obras...

A Deputación avanza que este venres aprobará axudas de preto de 180.000 euros a...

0
O deputado provincial Jorge Cubela visitou hoxe co alcalde Andrés Díaz as instalacións, que se transformarán grazas ás achegas do Plan +Provincia e o...

Un proxecto de intelixencia artificial na Unidade do Sono do Servizo de Pneumoloxía de...

0
— Este proxecto optimiza os tempos adicados á revisión e análise das probas diagnósticas, con algoritmos que axudan neste labor e permiten identificar os...

Publicacións Relacionadas