Home Vigo O Porriño 200 ciclistas rodarán esta fin de semana na oitava edición da “Chanllenge...

200 ciclistas rodarán esta fin de semana na oitava edición da “Chanllenge Rías Baixas”

- Anuncio -

• A proba organizada polo club Master Louriña consta de tres etapas que pasarán por Mos, Ponteareas e O Porriño os días 4 e 5 de maio

• Hoxe presentouse tamén o 42 Trofeo Horacio Barros en homenaxe ao fundador do club ciclista SPOL

A oitava edición da “Challenge Rías Baixas” ´ fin de semana reunirá esta fin de semana a 200 ciclistas para disputar as súas tres etapas.

A proba, organizada polo club ciclista “Master da Louriña”, presentouse esta mañá na no Concello do Porriño, nun acto no que participaron o alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, a vicepresidenta da Deputación e responsable da área de deportes, Luisa Sánchez, a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o concelleiro de Ponteareas, Luis Rodríguez , o alcalde de Nigrán, Juan González, o presidente do club organizador, Juan José Álvarez, representantes da Federación Galega de Ciclismo e patrocinadores da proba.

Juan José Álvarez, presidente do club apuntou que un ano máis a carreira “asegura o espectáculo deportivo” e adiantou algunas das novidades desta edición, como a incorporación do Concello de Nigrán como patrocinador da sección feminina da proba ou a inclusión da etapa de Mos na Copa de Galicia. Álvarez lembrou que “se trata dunha proba na que os máster poden correr nunha carreira oficial, e este é un dos seus grandes atractivos”.

Pola súa banda, Rafael Pérez, do patrocinador LASAL, quixo salientar “o innegable traballo que desenvolve a organización a paixón coa que o fan”, motivo polo cal “sempre será un orgullo colaborar con eles no noso pobo”.

O Director Técnico da Federación Galega de Ciclismo, Jacobo Ucha, eloxiou o “complicado traballo loxístico que supón unha proba desta magnitude, que involucra a catro concellos e que o Master Louriña leva a cabo con solvencia. De aí que a Challenge Rías Baixas sexa xa unha proba de referencia no ciclismo master galego”.

Juan González, alcalde de Nigrán mostrouse entusiasmado de “incorporarnos a este grupo e máis aínda de facelo apoiando ao deporte feminino” e sumouse ás felicitacións á organización.

No mesmo sentido se manifestou o edil, Luis Rodríguez, destacando que Ponteareas “sempre estará apoiando o deporte, e como non, o ciclismo e quen fai posible este tipo de eventos. Por iso é un pracer para nós participar nesta nova edición da Challenge”.

Pola súa banda a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, adiantou que no Pazo de Mos, onde dará saída a proba, “será un día de festa no que imos dalo todo e a facer da Louriña un referente do ciclismo” e incidiu no agradecemento aos organizadores, “un orgullo o traballo que facedes ano tras ano”.

A responsable provincial de deportes, Luisa Sánchez lembrou que “falar do Porriño, Ponteareas e Mos é falar de ciclismo” e por iso “ninguén mellor ca eles para facer unha proba que está no top do ciclismo master, algo que axuda a revitalizar a provincia e situarnos tamén no foco turístimo”.

Pechou o acto o alcalde anfitrión, Alejandro Lorenzo, animando a todo o mundo a “vir a disfrutar dos dous días da proba e achegarse este domingo ao Porriño a vivir a etapa raíña da Challenge, unha excelente oportunidade para coñecer ademais a nosa riqueza paisaxística e cultural”. Lorenzo reiterou o agradecemento a un club “que pon o corazón en cada evento que organizan, e iso é garantía de éxito”.

O acto rematou cunha sentida homenaxe a Horacio Barros, fundador do club ciclista SPOL , cuna do ciclismo porriñés. Na súa honra, o vindeiro mércores 1 de maio , disputarase en Torneiros o 42º trofeo Horacio Barros. Unha competición que se retoma co nome deste ciclista insigne que reunirá no parque do Piñeiro a 300 ciclistas base, das categorías promesas, principiantes, alevíns, infantís cadetes e junior.

“Falar do Porriño é falar de ciclismo, e falar de ciclismo no Porriño é falar de Horacio Barros”, concluíu o alcalde, “Grazas por tantos anos de ciclismo e por facer realidade os soños de moitos nenos e nenas do Porriño”.

Relacionadas

Mondariz celebra o primeiro Serán das Letras cun roteiro literario e un recital poético

0
Render homenaxe ás letras, concretamente ás galegas, é o obxectivo do I Serán das Letras que o Concello de Mondariz organiza da man de...

O PP de Tomiño lamenta que o goberno local rexeite as accións de ...

0
O PP DE TOMIÑO LAMENTA QUE O GOBERNO LOCAL REXEITE AS  ACCIÓNS DE REFORZO DA SEGURIDADE VIARIA NA RÚA REPÚBLICA  ARXENTINA E ADVIRTE DA...

Tui celebrará o 2 de xuño a I Marcha Ciclista polo Medio Ambiente

0
O domingo, 2 de xuño, terá lugar a I Marcha Ciclista polo Medio Ambiente organizada polo Concello de Tui. Esta actividade forma parte do...

A Xunta e o Concello de Barro estudan o proxecto para instalar unha nova...

0
A Xunta de Galicia e o Concello de Barro estudaron a posibilidade de instalar unha nova Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) na localidade. Nunha...

Luis López sinala o investimento de 770.000 euros para mellorar a mobilidade entre Baión...

0
O presidente provincial, acompañado polos deputados Isabel Couselo e Javier Tourís e o alcalde Gonzalo Durán, presenta á veciñanza deste Concello o proxecto para...

Cuntis aproba o reparto de axudas nomintivas a un total de 14 entidades...

0
• Esta contía, aprobada grazas aos votos a favor do PSdeG-PSOE e coa abstención do Partido Popular e do BNG, supón un incremento  do...

Publicacións Relacionadas