Home Pontevedra O Salnés O BNG esixe unha actuación para acabar coa ‘Escombreira’ da parcela existente...

O BNG esixe unha actuación para acabar coa ‘Escombreira’ da parcela existente entre Progreso e a Avenida Madrid

- Anuncio -

Os nacionalistas dan voz ás queixas de varios veciños e veciñas do casco urbán de Sanxenxo, que amosan a súa preocupación polo mal estado do muro que separa o terreo, abandoado e cheo de maleza e suciedade, coas escaleiras que conectan ambas vías

Fran Leiro recorda que en 2019 Telmo Martín anunciou que a reforma de Progreso serviría para recuperar este espazo público, algo que non se fixo realidade e que a día de hoxe “é un exemplo de feísmo que permite o alcalde da política de cemento e formigón de Sanxenxo”

O grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego de Sanxenxo denuncia o estado de abandono no que se atopa un espazo que a día de hoxe é claro exemplo de feísmo e abandono en pleno centro urbán da vila. Trátase da parcela situada entre a Rúa Progreso e a Avenida Madrid, situada a carón das escaleiras que unen ambas vías. Unha zona cuxa situación é motivo de preocupación para numerosos residentes, veciños e veciñas da zona,
que se puxeron en contacto co BNG para trasladarlles a súa preocupación e malestar pola falta de acción por parte do Concello para recuperar ou, alo menos, adecentar unha área que leva moitos anos sendo unha escombreira.
O voceiro do Bloque, Fran Leiro, faise eco destas queixas, que non só se centran na maleza e no lixo que se acumula dentro da parcela, e que é perfectamente visible desde a Rúa Progreso. “Outro problema é o estado no que se atopa o peche na parte baixa, na Avenida Madrid”, explica o edil nacionalista. “As fendas son perfectamente visibles, o que

demostra o deterioro do muro. Isto pode supoñer un problema de seguridade para as persoas que transiten por esas escaleiras”, advirte Leiro, que, falando precisamente desa conexión, tamén bota en falta medidas para mellorar a accesibilidade. “O único que se fixo nos últimos anos foi instalar un pasamáns no muro, unha medida totalmente insuficiente para persoas que sufran problemas de mobilidade”, sinala. Pola parcela en cuestión pasa parte do regato Navalón, sendo, de feito, a única parte deste manantial que permanece en descuberto.
Fran Leiro recorda, asemade, que o alcalde, Telmo Martín, asegurou no ano 2019 que a reforma que se acometeu na Rúa Progreso incluiría tamén a recuperación deste espazo. “Falouse de ampliar as escaleiras, limpar a parcelar e dotala de mobiliario urbano. Pero semella que ao final todo era fume, como a maioría das promesas que realiza o señor Martín”, denuncia o edil nacionalista, quen recorda que “non hai que ir tan atrás no tempo para deixar en evidencia esas mentiras, cando vimos de experimentar unha suba de impostos como o IBI, o Imposto
de Vehículos ou as taxas da piscina municipal, cando hai pouco máis dun ano asegurou que baixaría os impostos”. Ante esta situación, e en vista da preocupación suscitada entre varios residentes, o BNG insta ao Concello a que tome medidas. “Non deixa de resultar curioso que o alcalde da política de cemento e formigón, a quen lle encantan as obras faraónicas que despois caen no esquecemento, non sexa quen de acabar con este punto de feísmo nun sitio tan céntrico e tan utilizado pola veciñanza”, conclúe Leiro.

Relacionadas

A Deputación dona 10.000 quilos de patacas de A Limia ao Banco de Alimentos...

0
O presidente provincial, Luis Menor, destaca a “inmensa labor” desta organización social coas familias vulnerables, durante unha visita ao almacén da entidade no polígono...

Aberto o prazo para o Concurso de Escaparates de Nadal

0
A concellería de Comercio do Concello de Ponteareas informa que abre o prazo de inscrición para participar no Concurso de Escaparates de Nadal. Ata...

Mos, pioneiro en iniciativas culturais co seu novo Plan Estratéxico de Cultura 2025/2028

0
-          Trátase dun documento singular e insólito en municipios de 15.000 habitantes como o mosense -          O tecido asociativo cultural de Mos é vastísimo, cun total de 93 asociacións e grupos, que...

BlackBird Barber Concept brilla nos Premios SOYBARBUDO e fai historia na Barber League

0
A barbaría porriñesa fíxose con tres estrelas no reputado circuíto nacional SoyBarbudo, que destaca as mellores do paísIgor Drodzov alzouse co premio ao Mellor...

O Concello de Nigrán ofrecerá este venres o concerto do cuarteto de clarinetes da...

0
Terá lugar na capela da Alameda de San Campio ás 20:00 horas O Concello de Nigrán ofrecerá este venres 6 de decembro o concerto do...

Redondela celebra o Día Internacional da Diversidade Funcional esixindo “dereitos, non favores”

0
Como exemplo de adaptación inaugurouse esta mañá un semáforo con pictogramas na estrada de Vigo, na zona do Salgueiral. Deste xeito favorécese a comprensión...

Publicacións Relacionadas