O BNG insta ao concello a garantir a recollida de plásticos agrícolas porta a porta de xeito áxil e eficaz

adminON
Lectura mínima de 2

Cónstanos  que hai explotacións do noso Concello sen recollida de plásticos desde fai meses

Na actualidade e na meirande parte dos concellos do país con actividade gandeira, as entidades locais asumen os custos do transporte dos plásticos agrícolas que se producen no sector agro gandeiro, facendo recollidas periódicas que en moitos casos son insuficientes para a elevada produción deste tipo de residuos en especial en zonas eminentemente gandeiras do noso territorio.

O concello da Estrada xestiona a recollida porta a porta dos plásticos agrícolas que como proposta non temos nada que obxectar, pero o caso é que non se realiza de maneira áxil e eficaz e a xente desespera esperado.
O problema, como lle consta a este grupo municipal, é cando este servizo non é que se estea a ofrecer dunha maneira indebida, o grave é que hai explotacións do noso Concello sen recollida de plásticos desde fai meses, nomeadamente dos silos. Ocorre en Rubín, en Olives, Lamas…en algún caso con risco real de multas por parte do Seprona. Cónstanos a intención firme dalgunha gandería de formalizar denuncias polo desleixo da administración local na tramitación destas necesidades básicas do noso agro.

Se o Partido Popular, como di,  está a prol do rural, a favor do seu desevolvemento e de que constitúa un atractivo para a fixación da xente e contra a despoboación no noso concello; se como reafirman ano tras ano, orzamento tras orzamento, que agora si é o ano do rural, o lóxico que se faga unha boa xestión destes residuos por parte do goberno municipal. E neste sentido, instamos ao goberno a mellorar este servizo garantido a recollida de plásticos de xeito áxil e eficaz.

Comparte este artigo