A obra premiada nesta edición, Os rapaces só se tocan para darse de hostias, foi escrita por Iván Caloto e aborda con sensibilidade temas como o acoso, a identidade e a adolescencia.
O Concello do Porriño, representado polo seu alcalde, Alejandro Lorenzo, participou este mércores na gala de entrega do VIII Premio Roberto Vidal Bolaño de Textos Teatrais, organizada polo IES Ribeira do Louro. O evento é unha cita de referencia no ámbito cultural e educativo galego, que conta co respaldo institucional do goberno local.
O rexedor quixo acompañar ao equipo docente, ao alumnado e ao autor galardoado, Iván Caloto, para recoñecer públicamente o labor que se realiza dende os centros educativos por impulsar o uso da lingua galega e promover o teatro como ferramenta de expresión e reflexión social.
“Dende o Concello do Porriño imos seguir apoiando todas aquelas iniciativas que apostan pola nosa lingua e polo talento dos nosos mozos e mozas. Este premio é exemplo do que se pode conseguir cando se une educación, cultura e compromiso”, destacou Alejandro Lorenzo durante o acto.
A gala contou tamén con actuacións musicais do alumnado de Bacharelato de Música e coa representación da peza O bo veciño, do grupo de teatro do centro. A obra premiada nesta edición, Os rapaces só se tocan para darse de hostias, foi escrita por Iván Caloto e aborda con sensibilidade temas como o acoso, a identidade e a adolescencia.
O Concello felicita ao IES Ribeira do Louro pola súa dedicación á cultura e ao ensino en galego, e reitera o seu compromiso co apoio ás iniciativas que contribúan ao desenvolvemento cultural do Porriño.