O BNG propón que as bonificacións do IBI ás familias numerosas continúe a ser do 50 %

adminON
Lectura mínima de 1

A proposta do PP suporía pasala do 50 ao 40% para as familias numerosas con tres fillos/fillas, o 92% do total

O BNG emendará a proposta do goberno municipal para bonificar o IBI ás familias numerosas, ao considerala incompleta e lesiva para as perto de 200 familias con tres fill@s que viven en Poio, e que supón o 92% do total de familias numerosas do municipio.
Segundo a proposta presentada polo grupo de goberno do PP, as familias con tres fill@s a cargo a bonificación do IBI pasaría do 50% ao 40%, ou, o que é o mesmo, esas familias numerosas , que representan o groso das que existen no municipio, pasarían a pagar un 10% máis que na actualidade.

Comparte este artigo