Home O Morrazo Marín O BNG rexeita unha nova suba do canon de Sogama para 2025

O BNG rexeita unha nova suba do canon de Sogama para 2025

- Anuncio -

O BNG critica a suba unilateral e desproporcionada que penaliza aos concellos e á veciñanza, e reclama un sistema máis descentralizado, sostible e xusto que respecte o medio ambiente e as directrices europeas.

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) de Marín quere manifestar o seu total rexeitamento á proposta de Sogama (Sociedade Galega do Medio Ambiente) de incrementar de novo o canon pola xestión de residuos a partir de 2025, que pasaría dos 88,05 euros actuais a 108 euros por tonelada de lixo xestionada. Esta suba suporá unha carga económica importante para os concellos galegos e, en última instancia, para a veciñanza.

O pasado 23 de xullo, Sogama xa aplicou unha subida que levou o canon dos 68,05 euros a 88,05 euros por tonelada, incremento que foi duramente criticado pola Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), que aprobou unha resolución, a instancias do BNG, rexeitando esta medida cualificada como “escandalosa e desproporcionada”.

A nova proposta de incremento do canon, que supón unha suba de máis do 60% respecto dos 68,05 euros que estaban en vigor ata xuño, deberá estar recollida nos orzamentos de Sogama para o ano próximo, así como nas contas autonómicas que a Xunta de Galicia prevé presentar en outubro. O BNG considera esta decisión unilateral e abusiva, polo que esixe un cambio de rumbo e fai un chamamento á mobilización contra este abuso.

Esta suba, segundo Sogama, responde á aplicación da “Lei 7/2022, do 8 de abril, de residuos e solos contaminados para unha economía circular”, que establece impostos á incineración e á vertedura, métodos nos que se basea o funcionamento de Sogama. Non obstante, o BNG critica que Sogama continúe apostando por un modelo obsoleto, caro e antiecolóxico que penaliza á cidadanía e os concellos galegos.

O deputado nacionalista Luis Bará subliñou a necesidade dun cambio urxente na política de residuos, incentivando a recollida selectiva, a reutilización e a reciclaxe en lugar de seguir apostando pola incineración e o vertido, solucións que representan o 80% dos residuos tratados nas instalacións de Cerceda e que están penalizadas pola normativa europea.

O BNG de Marín considera que o modelo de Sogama é un fracaso e aposta por un sistema máis descentralizado, sostible e xusto, que non cargue aos concellos e á veciñanza con subas inxustificadas e que respecte o medio ambiente e as directrices europeas.

Relacionadas

A Deputación leva a oficina móbil do programa +Renovables a Crecente e As Neves...

0
O deputado provincial Javier Tourís visitou os concellos coa oficina móbil, que percorrerá todos os municipios de menos de 50.000 habitantes da provincia para...

O BNG de Vigo demanda que Caballero rectifique o “atropelo” de desaloxar a...

0
A fronte nacionalista anuncia un recurso de reposición contra a decisión do Goberno local por desviación de poder ao expulsar á Federación Veciñal do...

O BNG lamenta a incapacidade de Telmo Martín de licitar debidamente o novo contrato...

0
O Concello deberá aprobar unha continuidade da actual concesionaria (Ascan), a pesar de que o contrato expira o próximo día 22, logo de que o Xulgado...

O PP esixe retomar o control poboacional de gaivotas e pombas na cidade de...

0
• O partido máis votado amoesta ao BNG por non formalizar o contrato durante o 2024 con ningunha empresa, “causando un prexuízo á hostalería...

O Concello de Tui e ACOUGO dan o primeiro paso de cara a sinatura...

0
O obxectivo será visibilizar o traballo da Asociación Galega de Familias de Acollida e apoiar as familias que desexen ser acolledoras O Concello de Tui...

Dan comezo as obra de mellora da estrada provincial EP-2204 (Sabarís-Belesar)

0
A execución da obra consiste na modificación de 150 m en torno ao momento quilométrico 1+900, en cada marxe da vía en torno da...

Publicacións Relacionadas