Home Pontevedra Redondela rende homenaxe a Durán Clemente “polo seu compromiso coa liberdade e...

Redondela rende homenaxe a Durán Clemente “polo seu compromiso coa liberdade e a democracia”

- Anuncio -

O coronel Manuel Durán Clemente, con ascendencia en Redondela, foi homenaxeado este mediodía na Casa do Concello nun acto de recepción presidido pola alcaldesa Digna Rivas. Durán Clemente, un dos capitáns da Revolución dos Caraveis, desempeñou un papel central na operación militar que derrocou ao réxime ditatorial  portugués. A alcaldesa, Digna Rivas, salientou o seu papel como defensor “das liberdades e a democracia”. Durán Clemente tamén desempeñou “un papel crucial na reconciliación nacional, promovendo o diálogo e a comprensión entre as diferentes faccións da sociedade portuguesa”. Rivas puxo en valor que, malia a presións dos grupos reaccionarios “sempre se mantivo firme no defensa dos ideais democráticos”.

Acompañado de familiares de Redondela e Pazos de Borbén, Durán Clemente asinou no libro de hora do Concello de Redondela, e recibiu de mans da alcaldesa unha Coca de Sargadelos, “que simboliza tamén a loita dun pobo contra o dragón opresor”, sinalou a rexedora. Manuel Durán agradeceu o recibimento por parte do Concello redondelán e felicitou á alcaldesa “polo poder democrático, (…) co obxectivo dunha sociedade cada vez máis libre, igualitaria e fraterna”.

Acto homenaxe no Auditorio da Xunqueira

Esta tarde Redondela conmemorará o 50º aniversario da Revolución dos Caraveis cun acto no auditorio da Xunqueira. O coronel Manuel Durán Clemente será o protagonista desta cita organizada polo Concello xunto co Colectivo Republicano de Redondela e Federación de Ateneos de Galicia. Comezará ás 19.30 cunha mesa redonda na que participarán Durán Clemente e Manuel Ruíz Robles, ex-membro da Unidade Militar Democrática e voceiro de Militares Democráticos (Anemoi), e que estará moderada pola xornalista Susi Queimaliños.

Finalmente, tras a mesa redonda, soará o histórico “Grândola Vila Morena”, canción de Zeca Alfonso escollida polo MFA como sinal do inicio da Revolución dos Caraveis en Portugal. O tema, que fai referencia á fraternidade entre as persoas, estará interpretado por Eduardo Rodríguez Cunha “Tatán”, Branca Francés, Josiño do Viso, Fon Conde e Berto Covelo.

Relacionadas

A Deputación oferta esta semana dúas novas accións formativas dentro do programa SmartPeme

0
Os obradoiros, que se desenvolven de xeito telemático, centraranse en ciberseguridade e programación A Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPeme de asesoramento tecnolóxico...

A Deputación organiza no Museo de Pontevedra unha xornada sobre Alfredo García Alén, figura...

0
A actividade terá lugar o xoves 30 de maio no Edificio Castelao e nela abordarase a traxectoria vital de García Alén, a súa faceta...

A Deputación leva esta semana a Soutomaior as XX Xornadas de Xenealoxía, Heráldica e...

0
As xornadas terán lugar entre este martes, 21 de maio, e o xoves 23 na Sala do Tapiz do Castelo de Soutomaior e abranguen...

A Deputación leva ata Ponte Caldelas o programa “Aquí faltan páxinas” para afondar na...

0
A deputada de Igualdade, Sandra Bastos, abrirá o faladoiro este xoves 23 de maio, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura da vila, e...

A Deputación organiza no seu Edificio Administrativo cursos de español gratuítos para que inmigrantes...

0
A deputada de Benestar Social, Sandra Bastos, inaugurará o luns 20 de maio, ás 16:00 horas, esta acción formativa na que van participar máis...

A Deputación celebra a integración do Museo de Pontevedra en CODART, unha rede de...

0
“Con esta noticia completamos unha semana de grandes avances liderados polo Museo de Pontevedra para converter á provincia no epicentro cultural internacional”, remarcou o...

Publicacións Relacionadas