Free Porn
xbporn
Home Pontevedra Baixo Miño O Certame de Pintura ao Aire Libre Antonio Fernández encherá de cor...

O Certame de Pintura ao Aire Libre Antonio Fernández encherá de cor as rúas de Tomiño e Cerveira

- Anuncio -

O certame, que se celebrará o 18 de agosto, está organizado pola Eurocidade Cerveira-Tomiño coa colaboración da Fundação Bienal de Arte de Cerveira e da Comunidade de Montes de Goián 

As rúas de Tomiño e Cerveira volverán encherse de cabaletes, lenzos e cor co XII Certame de Pintura ao Aire Libre Antonio Fernández. Organizado pola Eurocidade Cerveira-Tomiño coa colaboración da Fundação Bienal de Arte de Cerveira e da Comunidade de Montes de Goián, o vindeiro 18 de agosto celebrarase unha nova edición deste concurso que busca de novo achegar ás e aos amantes da pintura á contorna para que recollan en vivo e en directo as paisaxes ou o acontecer dos distintos puntos marcados nos percorridos a ambas beiras do Miño. 

As persoas interesadas poden inscribirse xa de forma gratuíta ata o 16 de agosto a través da páxina web da Eurocidade Cerveira-Tomiño. A inscrición será por rigorosa orde de rexistro e unicamente en liña, non se permitirán inscricións presenciais o día do propio concurso. As persoas participantes deberán presentarse o día do certame entre as 09.30 e as 11.30 horas (08.30 e 10.30 horas de Portugal) na Aula Museo Antonio Fernández para que a organización sele e numere o soporte que se empregará para a elaboración do cadro. 

As obras rematadas serán presentadas sen asinar e co título no reverso, xunto co cabalete, para a súa exposición na Praza Pintor Antonio Fernández ente as 17.00 e 18.00 horas, hora galega, para a súa cualificación por parte do xurado, que emitirá o seu fallo co nome dos gañadores ás 18.30 h, ás 17.30 h hora portuguesa. 

En total repartiranse máis de 2.650 euros en premios nas tres categorías participantes: infantil, ata 11 anos; xuvenil, de 12 a 17 anos; e persoas adultas. Os premios serán outorgados polo Concello de Tomiño, a Fundaçao Bienal de Arte de Cerveira e a Comunidade de Montes de Goián. As bases completas poden consultarse na páxina web da Eurocidade Cerveira-Tomiño.

Relacionadas

A Deputación recibe a Héctor Abad Faciolince na antesala do encontro Pontevedra Literaria

0
A Deputación de Pontevedra recibiu este xoves a Héctor Abad Faciolince, un dos autores que encabezan o cartel do encontro Pontevedra Literaria. Xuventude e...

O concello de Nigrán ofrece o domingo o teatro inmersivo de pallasos en rebeldía...

0
Trátase dunha montaxe teatral plantexada como unha experiencia participativa que converte ao espectador nun refuxiado máis. A obra denuncia a traxedia que as políticas...

O BNG esixe unha actuación para acabar coa ‘Escombreira’ da parcela existente entre Progreso...

0
Os nacionalistas dan voz ás queixas de varios veciños e veciñas do casco urbán de Sanxenxo, que amosan a súa preocupación polo mal estado...

O alcalde de Nigrán supervisa en Mozambique os novos proxectos de cooperación doo Fondo...

0
Juan González acude en calidade de presidente desta entidade supramunicipal xunto a representantes de As Neves e Viveiro co obxectivo de definir as futuras...

A Deputación supervisa os traballos de execución de cunetas de seguridade na estrada provincial...

0
A deputada Isabel Couselo recorreu esta actuación de seguridade viaria que se está a desenvolver nesta estrada provincial ao abeiro no acordo marco de...

O BNG de Vigo pide explicacións ao Goberno municipal polo atraso nas axudas de...

0
Denuncian que despois de máis dun mes de finalizado o prazo de solicitude das becas nada se sabe sobre a súa xestión A fronte nacionalista...

Publicacións Relacionadas