Free Porn
xbporn
Home O Morrazo Bueu O concello de Bueu entregou os premios Johan Carballeira a Xosé Luís...

O concello de Bueu entregou os premios Johan Carballeira a Xosé Luís Mosquera e Lois Pérez Díaz

- Anuncio -
  • O acto, que se celebrou este sábado no Centro Social do Mar, contou coa presenza de ambos premiados
  • Félix Juncal, alcalde da vila, salientou que “os premiados son semente viva, dous exemplos do enorme potencial creativo que temos na Galiza e que debemos presentar

O Concello de Bueu celebrou este sábado, 25 de maio, o acto de entrega dos Premios Johan Carballeira de Poesía e Xornalismo, que tivo lugar pola ao mediodía no Centro Social do Mar, e á que asistiron os dous gañadores. Nela, Xosé Luís Mosquera, gañador na categoría de poesía, e Lois Pérez, na de xornalismo, recibiron unha cerámica de Carballeira deseñada para a ocasión pola artista Cavalinho do Demo, ademais dun diploma conmemorativo e un lote de libros.

Carmen García, concelleira de cultura, foi a encargada de guiar o acto, e destacou que “estes premios fomentan a creación en galego en ámbitos como a poesía e o xornalismo e tamén manteñen o legado de Johan Carballeira, posuidor dunha gran conciencia social, e pioneiro nos xéneros como a reportaxe e a entrevista”. Manuel A. Mosteiro, presidente da Asociación de Amigos de Johan Carballeira, reivindicou tamén a Carballeira na súa intervención e salientou que “estes premios xa están perfectamente consolidados e fan de Bueu todo un referente”

Xosé Luís Mosquera, que recibiu o premio de poesía polo poemario Trece maneiras de mirar un almanaque, agradeceu ao Concello de Bueu “por manter a ilusión e seguir convocando este premio”. O premiado confesou que “son consciente de que me presentaba a un premio de poesía cun nome detrás, o de José Gómez de la Cueva (Johan Carballeira) e sabía o que representaba”. Por iso “dedícolle o poemario a todos os Josés Gómez e a todas as vítimas das actuacións vándalas que a historia da humanidade non deixa de repetir”.

Lois Pérez, galardoado na categoría de xornalismo pola reportaxe “Eloxio do apenovismo”, publicada orixinalmente na revista Luzes, lembrou a todos os compañeiros e compañeiras e aos directores da revista, “pois grazas a eles escribín unha reportaxe sobre a AP-9”. Así mesmo, reivindicou “un xornalismo independente, que informe dos feitos para que a cidadanía se faga unha idea fiel do mundo e máis na actualidade”.

Félix Juncal, alcalde de Bueu, deulle as grazas aos premiados “pois eles demostran que o futuro da lingua galega pode ser esperanzador, e dignifican coas súas letras esa riqueza que temos como pobo, e tamén as loitas que podemos expresar”. E continuou aludindo a que “Xosé Luís e Lois son semente viva, dous exemplos do enorme potencial creativo que temos na Galiza e que debemos preservar”.

O acto pechouse co espectáculo “Indóciles”, no que Vero Rilo, Nuria Vil e Mónica De Nut sorprenderon con narración, poesía e música para expresar a forza da figura e obra de Luísa Villalta, homenaxeada das Letras Galegas deste ano.

Os premios, dotados con 1.500 euros en cada categoría, naceron coma unha homenaxe ao político, poeta e xornalista bueués, José Gómez de la Cueva, máis coñecido como Johan Carballeira, quen tamén fora alcalde da vila bueuesa ata o seu asasinato a mans dos franquistas.

Relacionadas

O Concello de Nigrán estrea este sábado un roteiro sobre o célebre arquitecto galego...

0
O Concello o encadra na súa programación cultural para festexar o 150 aniversario do seu nacemento ao supor o Templo Votivo unha das súas...

A Deputación advirte da importancia de mellorar a aireación das viñas para protexelas fronte...

0
Recomenda ademais seguir aplicando insecticida contra a flavescencia dourada nos viñedos do sur da provincia e manter a vixilancia ante o avance do oídio A...

Os alcaldes da Guarda, Caminha e O Rosal reuníronse para debater sobre a futura...

0
Os tres responsables dos concellos que constitúen a “Eurocidade da Foz do Miño” reuníronse esta semana en Caminha. Rui Lages (Caminha), Roberto Carrero (A...

Bosnia-Herzegovina, Chile, Uruguai e Italia protagonizan a Noite Internacional do Miño

0
A cita será o próximo martes, 30 de xullo, ás 21.30 h no Parque do Laxal en Rebordáns O folclore máis internacional darase cita o...

A Biblioteca Municipal de Tui incrementou nun 30% os préstamos no primeiro semestre de...

0
Nos seis primeiros meses do ano máis de 9 mil libros foron retirados para a lectura a domicilio. Incorporáronse case 600 novos exemplares Significativo incremento...

A “Festa da Bicicleta” dentro dos actos da XXIX Festa da Lamprea

0
Aberta inscrición da Festa da Bicicleta que terá lugar o o domingo 11 de agosto dentro dos actos que organiza o Concello co Gallo...

Publicacións Relacionadas