Home Deputacións Deputación Pontevedra O Ciclo Teatral da Deputación chega a Poio coa "Romería Zombie" de...

O Ciclo Teatral da Deputación chega a Poio coa “Romería Zombie” de Nelson Quinteiro Producións

- Anuncio -

A función terá lugar este sábado 28 de outubro ás 18:00 horas na praza da Granxa de Campelo e está dirixida ao público infantil e familiar

A praza da Granxa de Campelo, no concello de Poio, será escenario este sábado 28 de outubro, a partir das 18:00 horas, da “Romería Zombie”, un espectáculo de Nelson Quinteiro Producións que chega no marco do ciclo “Tornar ás táboas”, co que a Deputación de Pontevedra está a espallar o teatro por toda a provincia neste último trimestre do ano. A cita enmárcase tamén na programación do Concello de Poio con motivo do Samaín.

A “Romería Zombie” é un espectáculo de variedades que dinamiza un serán de defuntos a cargo dun equipo multidisciplinar de sete artistas. Haberá pintura ao vivo, unha escenografía que se vai compoñendo en directo, un pregón dende o alén, danzas macabras, cantos de ultratumba e incluso un desfile zombi. A función está dirixida a un público infantil e familiar.

Nelson Quinteiro Producións é un proxecto cultural e artístico desenvolto por Nelson Quinteiro Roa no que conflúen máis de 20 anos de formación e experiencia no mundo artístico, tanto como profesional nos escenarios como na xestión e consultaría de contidos culturais.

Co ciclo teatral “Tornar ás táboas” a Deputación de Pontevedra vai achegar entre outubro e decembro un total de 49 funcións gratuítas e dirixidas a todos os públicos a outros tantos concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes, coa participación de trinta compañías galegas que ofrecerán unha ampla variedade de espectáculos.

Relacionadas

O consistorio dota de sanemento a PonteCabaleiros e Urzal

0
As obras consistiron en dotar de saneamento a barrios da parroquia de Barcela en Arbo, que carecían do mesmoAs obras, cuio importe ascendeu a...

O vicepresidente Rafa Domínguez presenta “Unha árbore cae”, a publicación editada pola Deputación que...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de presentar no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra “Unha árbore cae”, a publicación editada...

O concello de Bueu recibe aos alevíns do Club do Mar Bueu polos éxitos...

0
Dende o consistorio déronlles os parabéns polo 6º posto acadado no LXXXI Campionato de España de Bateis O Concello de Bueu organizou esta tarde un...

A Deputación concede preto de 50.000 € a Ponte Caldelas para reparar o campo...

0
Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que repartiu xa 2,5 millóns de euros entre os concellos de menos de 50.000 habitantes...

A Deputación celebra a inclusión dos xardíns da Estación Fitopatolóxica Areeiro na Ruta dos...

0
Trátase do segundo xardín da Deputación en formar parte deste percorrido promovido pola Xunta de Galicia, que xa incluía os do Castelo de Soutomaior Na...

Convocada unha visita á piscina municipal para as empresas interesadas en presentarse á súa...

0
Esta visita enmárcase no proceso aberto de licitación para contratar á empresa que se encargará de xestionar a piscina municipal, unha vez rematado o...

Publicacións Relacionadas