A directora- psicóloga e a técnica de Igualdade do Centro de Información á Muller de Soutomaior presentaron nesta xornada a memoria do CIM do 2023. Un documento que deixa patente, un ano máis, a necesitade de contar con este Centro no concello de Soutomaior, un espazo prioritario para o Goberno Local.
Cristina García, psicóloga e directora do CIM de Soutomaior e Margarita Taboada, Técnica de Igualdade do CIM, presentaron nesta xornada a memoria da actividade do Centro de Información á Muller, uns datos que deixan patente que o CIM é unha prioridade para o concello de Soutomaior e para o Goberno Local.
Segundo os datos coñecidos nesta xornada podemos saber que as consultas realizadas foron as seguintes: 157 de asesoramento xurídico, 222 atención psicolóxica , 12 atención a vítimas de violencia de xénero, 21 persoas recibiron información dos cursos, actividades ou xornadas realizadas polo CIM e 153 Información de outros recursos
Ademais das consultas, realizáronse a solicitude das axudas a todas aquelas mulleres que o demandaron, coma a prestación de pago periódico para vítimas de violencia de xénero (6 solicitudes), prestación de pago único ( 3 solicitudes) ou as estadías de tempo libre. Tamén se tramitaron 4 novas solicitudes de servizo de acompañamento telefónico ATENPRO, para vítimas de violencia de xénero.
Para favorecer a saúde física, emocional e mental das persoas usuarias do CIM, así como promover os seus hábitos de autocoidado, dentro do Espazo Autocoiado, cun total de 6 obradoiros ao longo do pasado ano, Apoderamento Corporal, Calma na alma, Arteterapia, Chan pélvico, Xinecoloxía natural e igualdade afectivo-sexual organizados en pequenos grupos , onde participaron 86 mulleres .
No 2023, promovéronse desde o Concello unha aposta por fomentar as actividades de conciliación, dentro do Espazo Concilia realizáronse catro campamentos para favorecer a conciliación da vida familiar e laboral durante períodos non lectivos dos colexios, Semana santa, campamento de verán, artístico e nadal onde participaron un total de 147 nenas e nenos do municipio, cubrindo así todos os períodos non lectivos .
Así mesmo, realizáronse actividades especificas para conmemorar as datas do 8 de marzo e o 25 de Novembro, días internacionais da muller e contra a eliminación da violencia machista, respectivamente.
O espazo redes é un programa de intervención comunitaria para fomentar o tecido asociativo e a creación redes veciñais entre mulleres, en especial de mulleres do rural, do Concello de Soutomaior. Dando a coñecer a importancia da labor das mulleres no rural, dando voz a un colectivo especialmente esquecido. Dentro de este espazo desenvolveuse o programa Enredadas cun total de 6 obradoiros escollidos por cada asociación de mulleres rurais que se desenvolveron nos últimos meses do ano pasado, con máis de 70 participantes.
Ademais, realizouse a xuntanza anual de mulleres do Concello de Soutomaior, o Plan Corresponsables con tres formacións, primeiros auxilios, dixitalización, competencias dixitais para o emprego, o Punto Lila da festa da Ostra, obradoiros para terceira idade, como risoterapia, artefloral e adornos de nadal, a charla do 11 de febreiro da muller e na nena na ciencia, dúas mesas de coordinación para as/os profesionais na loita contra a violencia de xénero, o curso de castelán para a comunidade árabe e a maleta viaxeira Mavi, entre outras accións de sensibilización e promoción da igualdadeLembrar que o CIM é o centro de información a Muller que se atopa na rúa Peirao, nº 8 en Arcade, no Centro de Benestar Integrado. Calquera persoa, que así o considere poder facer uso do servizos, chamando o número de teléfono 986701227 para pedir cita previa.

