O CIM do concello da Guarda organiza o ciclo de faladoiros “Muller e Saúde”

Redacción

• A iniciativa terá lugar os días 2, 4, 11 e 18 de decembro, na Casa dos Alonso, en horario de 17:00 a 19:00 horas
• As sesións serán impartidas pola matrona especialista en nutrición Diana Ayude

O Centro de Información á Muller (CIM) do Concello da Guarda organiza, enmarcado dentro da programación do 25N, o ciclo de faladoiros “Muller e Saúde”.

Esta actividade ten como obxectivo achegar a saúde integral das mulleres, o benestar e a coeducación en coidados dende unha perspectiva de xénero. Todas as sesións do ciclo terán lugar na Casa dos Alonso, en horario de 17:00 a 19:00 horas, e correrán a cargo da matrona especialista en nutrición Diana Ayude.

O programa inclúe catro faladoiros centrados en diferentes etapas e aspectos clave da saúde feminina:

• Mércores, 2 de decembro: “Menopausa: entendela para vivila mellor”.
• Venres, 4 de decembro: “O teu corpo fala: ciclo menstrual, endometrose e VPH sen tabús”.
• Venres, 11 de decembro: “Alimentación saudable para mulleres: o que o teu corpo necesita en cada etapa”.
• Venres, 18 de decembro: “Saúde sexual e chan pélvico”.

A asistencia está aberta a todas as persoas interesadas en coñecer máis sobre a saúde feminina nun espazo de debate e aprendizaxe libre de prexuízos.

Comparte este artigo