- A Guarda estrea unha película onde a entrada serán alimentos non perecedoiros como donativo solidario
O sábado 27 estréase unha película moi especial na Guarda que conta cun fin solidario grazas á ONG Conrazones.
Trátase da proxección do filme Goián Vaciado, unha obra realizada polo Grupo San Roquiño, que ten un claro fin solidario: a entrada consistirá nun donativo en forma de alimentos non perecedoiros, que serán destinados á asociación Conrazones, para apoiar ás persoas que máis o precisan.
Con este visionado, búscase non só dar visibilidade ao traballo artístico, social e cultural da contorna, senón tamén fomentar a solidariedade veciñal e a cooperación co tecido social da comarca. A proxección dará comezo ás 21:00 horas o sábado 27 de setembro no Centro Cultural. Non vos esquezades os vosos alimentos!