HomePontevedraPontevedraO Concello aproba a subvención de 15.000 euros para atención sanitaria na...

O Concello aproba a subvención de 15.000 euros para atención sanitaria na franxa de Gaza

- Anuncio -spot_img

A Xunta de Goberno local aprobou o outorgamento dunha subvención por importe de 15.000 euros á asociación Comité Español da UNRWA (Axencia de Nacións Unidas para a poboación refuxiada de Palestina) para garantir o exercicio do dereito á saúde da poboación máis vulnerable da franxa de Gaza.

O alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores explicou logo da celebración da Xunta de Goberno que esta axuda “será utilizada para a cobertura dos salarios de persoal médico básico para actuacións de emerxencias.”

Especificou o alcalde que a axuda outorgada inclúe o pago de “oficial médico, persoal de enfermería e matrona para garantir a continuidade do servizo de atención médica de calidade e gratuíta para as persoas en situación de maior vulnerabilidade en Palestina, concretamente en Gaza.”

Publicacións Relacionadas