Home O Morrazo Marín O Concello asegura que o ascensor da piscina municipal quedará arranxado nos...

O Concello asegura que o ascensor da piscina municipal quedará arranxado nos próximos días e explica que se está a preparar a licitación do aire acondicionado

- Anuncio -

O concelleiro de Deportes, Antonio Traba, saíu esta mañá ao paso dalgunhas das críticas dos usuarios da piscina municipal, debido ás deficiencias que se presentan no servizo, das que o Goberno local é coñecedor e por iso está en proceso de ir mellorando, na medida das posibilidades, cada unha delas.

Por unha banda, Traba aclara a situación ocorrida co proxecto de reforma, onde “o mal tempo e as dificultades atopadas durante a execución”, fixeron que unha obra prevista para 3 ou 4 meses de prazo, finalmente estivera máis de 8 meses en activo, o que tamén afectou á maquinaria da piscina.

Ademais, o edil aclara que este proxecto “non incluía actuar nalgunhas zonas, como os vestiarios, por exemplo. A inversión realizouse para resolver problemas grandes a nivel estructural, como a impermeabilización do tellado, a mellora da sala fitness e a mellora da fachada”.

Traba referiuse a unha das cuestións que máis está incomodando ás persoas usuarias, relativo ao aire acondicionado. O edil asegurou “entender o malestar”, pero explica que dotar a unha infraestrutura deportiva coma esta da climatización e do aparello de deshumidificación é un importe moi elevado, “polo que precisa dunha licitación, que é no que estamos traballando”. Namentres, afirmou Traba, “trataremos de buscar algunha medida temporal, pero o obxectivo é facer a instalación, para o que precisamos algo máis de tempo polos pasos administrativos que hai que dar”.

Con respecto a algunha maquinaria, Traba afirma que se trata de máquinas sensibles que en moitos casos se viron afectadas polo parón tan longo. “No momento no que abrimos a piscina, funcionaban correctamente, pero iso non exime de que nalgún momento puideran fallar”, explica. Nese sentido, adianta que se está a tratar de repoñer a máis urxente e utilizada.

Finalmente, o edil de Deportes falou sobre o fallo do ascensor, que “quedará resolto nos próximos días”, Segundo explicou, “foi unha consecuencia da obra, en cuxo transcurso rompeu un dos cristais do conducto superior, provocando filtracións de agua”. O antes posible, afirmou, estará arranxado.

Relacionadas

O BNG pide inspeccións e unha ordenanza que regule o avance descontrolado dos pisos...

0
A fronte nacionalista esixe que o Goberno local actúe dunha vez para frear esta “ameaza ultraespeculativa”, un dos principais obstáculos para acceder a unha...

A Deputación abre a partir deste mércores o período voluntario de pago de taxas...

0
O ORAL encargarase da xestión e recadación dun total de 60 conceptos de taxas de 30 concellos da provincia, que se poderán pagar en...

A Deputación converte a creación contemporánea e a reivindicación de figuras e iniciativas culturais...

0
Rafa Domínguez: “A programación está marcada pola recuperación da Bienal, un acontecemento moi importante desde o punto de vista artístico, cultural e turístico” Xunto á...

A Deputación presenta ante centos de persoas en Moraña e A Lama os programas...

0
O deputado provincial de Acción Comunitaria, Javier Tourís, reuniuse co movemento asociativo e veciñal de Moraña e A Lama para dar a coñecer as...

Charla informativa sobre acollemento familiar no Centro Cultural Municipal do Porriño

0
• Será este xoves, 6 de febreiro, ás 18.00 horas Estás pensando en acoller pero non tes claro como facelo? Non sabes en que consiste...

A corporación municipal aproba por unanimidade instar á Xunta de Galicia a convocar a...

0
• Tamén saíron adiante outras mocións relativas ao cauce do río Bispo, a construción dun módulo para embarcacións de remo e outra da celebración...

Publicacións Relacionadas