• O vindeiro 31 de outubro, o Auditorio do Centro Multiusos acollerá unha actividade de balde e repleta de música, concurso de disfraces e calabazas, xogos e unha mesa larpeira terrorífica.
• A Biblioteca Municipal súmase á celebración cunha selección especial de lecturas para que a cativada viva as historias máis espeluznantes desde casa.
O Concello de Arbo prepárase para vivir unha das celebracións máis agardadas do ano polos máis pequenos: o Samaín. A actividade, enmarcada dentro do programa municipal “Outono Cultural 2026”, terá lugar o vindeiro 31 de outubro no Auditorio do Centro Multiusos, a partir das 17:00 horas, e será unha actividade totalmente gratuíta.
A xornada festiva contará cunha ampla variedade de entretemento pensado para gozar en familia: un concurso de disfraces e calabazas onde se premiará a creatividade e a temática pantasmagórica, unha mesa larpeira terrorífica con merendas e doces tematizados para a ocasión, así como música, xogos e bailes deseñados para crear un ambiente moi divertido, seguro e dinámico.
O alcalde de Arbo quixo convidar a veciños e visitantes a sumarse á axenda do municipio durante esta tempada: “O outono é unha época máxica para descubrir e gozar de Arbo. Con actividades gratuítas como este Samaín e a nosa programación do Outono Cultural, queremos ofrecer opcións de lecer para toda a familia, enchendo de vida os nosos espazos municipais.”
Ademais, a Biblioteca Municipal de Arbo únese tamén a este Outono Cultural cun coidado repertorio de libros coa temática do Samaín, pensados para que a cativada arbense poida levar para a casa as historias máis terroríficas e divertidas.
O rexedor remata, animando a toda a cativada e ás súas familias, así como a quen queira visitarnos nestas datas, a achegarse a Arbo, gozar das nosas tradicións, da nosa cultura e de todo o que a nosa vila ten para ofrecer neste tempo de outono
• Lugar: Auditorio do Centro Multiusos de Arbo / Biblioteca Municipal
• Data: Vindeiro 31 de outubro
• Hora: A partir das 17:00 h
• Prezo: Gratuíta

