O Concello de Baiona continúa co reforzo da limpeza viaria cun plan de limpeza de manchas en beirarrúas

adminON
Lectura mínima de 3

O Concello de Baiona, a través da Concellería de Medio Ambiente, continúa coa campaña de reforzo da limpeza viaria a través da realización dun plan de limpeza de manchas de en as beirarrúas, facendo especial fincapé nas manchas de óxido. Desde o servizo de medio ambiente e limpeza municipal está a aplicarse un produto de limpeza profesional específico para erradicar as manchas de óxido, moitas delas derivadas das bases das antucas dos establecementos hostaleiros.

A isto súmase, o decapado nas zonas peonís tentando actuar nas rúas coa sucidade máis incrustada. Os traballos de limpeza están a levarse a cabo coa axuda de maquinaria especializada na limpeza destas características e complementan os labores habituais realizados nas rúas e prazas da localidade.

Esta iniciativa concrétase no decapado das beirarrúas con equipos de limpeza con auga a presión e outros medios mecánicos, para unha mellor limpeza viaria e a imaxe xeral do estado da localidade.

O obxectivo deste reforzo é combater a acción xerada sobre as beirarrúas para iso realízase unha limpeza en profundidade da sucidade incrustada, graxas…e sucidade persistentes aos procedementos normais de baldeo e varrido.

Esta acción, súmase ao reforzo dos servizos básicos de limpeza e baldeo intensivo no municipio iniciados o pasado verán á que se lle dió continuidade no outono e aos que se segue dando continuidade cos traballos que se están realizando estes días.

O Alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, sinalou que “estamos a traballar intensamente para dar maior resposta á veciñanza en materia de limpeza e, ao mesmo tempo, mellorar a imaxe de Baiona”.

E é que segundo lembrou “un dos compromisos do alcalde, é mellorar o estado xeral do municipio e a calidade dos servizos básicos que ofrece o Concello aos cidadáns e cidadás, entre os que se inclúe a limpeza viaria. Niso estamos a traballar, empezaron a notarse o resultados pero seguiremos profundando neste labor na que esperamos tamén contar coa necesaria colaboración de todos a cidadanía”.

O rexedor baionés tamén solicita “a colaboración do sector da hostalería e da cidadanía en xeral para que as rúas permanezan limpas para o goce de todos os veciños e veciñas o máximo tempo posible. “Unha Vila coas rúas limpas é fundamental para a propia hixiene da mesma e que todos a veciñanza #gozar do noso municipio nas mellores condicións e tamén para aquelas persoas que nos visitan e vanse cunha boa imaxe da nosa localidade”.

Comparte este artigo