Home Pontevedra A Paradanta Valentina Gómez descobre a súa vocación no Concello de Covelo

Valentina Gómez descobre a súa vocación no Concello de Covelo

- Anuncio -


O programa “Primeira Experiencia Profesional 2023” da Deputación de Pontevedra a través do SEPE deulle a esta moza graduada en dereito unha oportunidade no rural

O  SEPE (Servizo Público de Emprego Estatal) trouxo a Valentina Gómez Bernal a Covelo. Estaba inscrita como demandante de emprego e non o dubidou cando lle propuxeron prestar os seus servizos no Concello como apoio no departamento xurídico e administrativo.

Naceu en Colombia e residíu en Ourense e Salceda de Caselas, esta moza graduada en Dereito pola  Universidade de Vigo descubriu o rural galego da man do Concello de Covelo onde traballa a diario. Pero en Covelo non só tomou contacto coa aldea galega tamén atopou unha vocación, a de servir para a administración local. “Nunca antes mo plantexara, rematei a carreira e pensaba en dedicarme á avogacía. Mentres non atopaba preparaba oposicións para Facenda pero o traballo no Concello de Covelo abríume outras vías laborais que me gustan máis e xa me puxen a preparar as oposicións para a administración local”, explica Valentina Gómez.

Para esta moza de 26 anos Covelo supuxo algo máis, a posibilidade de acceder ao mercado laboral xa que o a praza ofertada polo concello de Covelo posibilitou o seu primeiro emprego e que comezara a pór en práctica os seus coñecementos teóricos.

O alcalde de Covelo, Pablo Castillo, salienta a importancia destes programas de inserción laboral que promoven o primeiro emprego xa que ao ser traballadoras/es cualificados complementan o traballo diario do persoal municipal. “É un proceso enriquecedor para todas e todos. Por un lado o persoal municipal amósalles a práctica, o día a día a resolución de tarefas, como intervir en casos excepcionais… Por outro lado as persoas que se incorporan enriquecen con contidos actualizados, novas tecnoloxías e recursos dixitais. E tamén a veciñanza en xeral recibe esta mellora no servizo público”.

O programa “Primeira Experiencia Profesional 2023” da Deputación de Pontevedra a través do SEPE deulle a esta moza graduada en Dereito unha oportunidade no rural.

Relacionadas

Redondela rende homenaxe a Pablo Couñago no 25º aniversario da conquista do Mundial de...

0
Este 2024 cúmprense 25 anos da primeira conquista mundial do fútbol español. Foi coa selección sub-20 dirixida por Iñaki Sáez, que logrou o título...

A Deputación levará este domingo a 170 persoas da provincia a desfrutar en Sanxenxo,...

0
Son veciños e veciñas de 30 concellos da provincia, que chegarán ao Hotel Carlos I e ao Gran Talaso, en Sanxenxo, ao Talaso Hotel...

Luis López recibe o alumnado do CPR San José de Pontevedra na súa visita...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, recibiu este xoves unha vintena de alumnos e alumnas de 5º de Primaria do CPR San...

Tui un destino único e cheo de maxia para celebrar estas festas

0
O Mercado de Nadal e o Taller Máxico de Papa Noel destacan nas actividades desta ponte festiva Este Nadal, Tui convértese no lugar ideal para...

Luis López anuncia o reparto de 80.000 euros entre oito clubs náuticos da comarca...

0
Son 17.000 euros para dous clubs de piragüismo, 52.000 euros para catro clubs de remo e 9.000 euros para dous clubs de vela, que...

Luis López anuncia o reparto de 190.000 euros entre 19 clubs náuticos de sete...

0
Son 73.000 euros para sete clubs de piragüismo, 67.000 euros para oito clubs de remo e 47.000  euros para catro clubs de vela, que...

Publicacións Relacionadas