HomeVigoBaionaO concello de Baiona inaugura o ascensor e a nova Oficina de...

O concello de Baiona inaugura o ascensor e a nova Oficina de Atención ao Cidadán (OAC)

- Anuncio -spot_img

O edificio do Concello de Baiona é accesible 100% para todos os veciños e visitantes que necesiten realizar calquera xestión ou visitar o edificio.

Durante a mañá de hoxe realizouse a inauguración das novas instalacións que se realizaron no Concello de Baiona para mellorar a atención á cidadanía. O presidente da Deputación de Pontevedra, #Luis López Diéguez xunto a Isabel Couselo, Directora de Patrimonio de Pontevedra, Ana Ortiz, Delegada da Xunta en Vigo e o Alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, acompañado polos concelleiros do seu equipo de goberno, asociacións e autoridades locais, presentaron aos medios de prensa e veciños as novas instalacións do Concello.

Agora e despois de 268 anos, a Casa Correa ou dos Salgados, o edificio do Concello de Baiona terá ascensor para conseguir que a casa común de todos os Baioneses sexa accesible 100% para todos os veciños e visitantes que teñan que realizar xestións ou visitar o edificio.

A remodelación significou poder crear a nova Oficina de atención ao cidadán (OAC), que gaña en espazo, en funcionalidades e en persoal, como se encargou de recoller a nova RPT (relación de postos de traballo) aprobada hai uns meses e que contempla esta oficina de nova creación como un eixo fundamental de atención ao cidadán, tanto presencial como telefónica e dixital, cumprindo así a promesa de abrir o Concello aos veciños no que unha man amiga lles guie para realizar calquera trámite que necesiten.

O proxecto total, ao redor duns 260.000 euros foi achegado pola Deputación de Pontevedra no proxecto +Provincia con 176.304,73 euros, a Xunta de Galicia achega 40.000 euros pola Subvención para creación e mellora dás infraestruturas, dotacions, instalacions e equipamentos vinculados a prestación de servizos municipais, e o resto, con fondos propios do Concello.
Desde o Concello de Baiona queremos dar as grazas a todos os implicados neste proxecto, desde o apoio realizado pola Deputación de Pontevedra, en especial, ao Presidente da Deputación Provincial (D. Luis López) e á Directora Xeral de Administración Local (Dona Natalia Prieto) pola sensibilidade mostrada ao apoiar este proxecto, como aos técnicos do Concello por todo o empeño realizado para que este proxecto saíse por fin adiante.

Publicacións Relacionadas