O Concello de Baiona instala tres marquesiñas escolares a través da colaboración da Concellería de Educación, a de Urbanismo e a Deputación de Pontevedra en tres zonas onde o alumnado non dispoñía delas para poder realizar a espera do autobús que os traslada aos seus respectivos Centros Escolares en Baiona e que estaban a ser solicitadas pola comunidade educativa desde hai uns anos.
As marquesiñas servirán para resgardar do frío e do vento aos alumnos e foron deseñadas de tal maneira que son completamente accesibles para persoas con mobilidade reducida, xa que foron instaladas encima dunha base de formigón con rampla para o seu acceso.
Colocáronse en:
EP-2204 Sabarís – Belesar, nas proximidades da curva da Barxa.
EP-2203 Baredo – Loureza ,na zona Cruceiro.
EP-2202 Baiona – Loureza, na entrada do IES Primeiro de Marzo. Concello de Baiona
Esta actuación entra dentro dos proxectos de mellora da nosa Vila para solucionar deficiencias existentes e necesarias que os veciños van solicitando ao concello para a súa resolución.