O Concello de Baiona organiza a través da concellería de festexos un concerto de “Tonichi e Pacheco” para o vindeiro sábado 25 de maio.
Tonichi, integrante deste dúo musical, sacrificou a súa carreira artística para emprender xunto á súa esposa Marion e a súa filla de 4 anos, Lily a aventura máis apaixonante das súas vidas, dar a volta ao mundo a bordo do seu veleiro Nicole. A bandeira de Baiona suca os mares acompañándoos na súa travesía polos distintos continentes desde que o alcalde, Jesús Vázquez Almuiña, fíxolles entrega da insignia cando partiron desde esta vila mariñeira en novembro de 2023.
Tonichi fixo unha pausa na súa viaxe e está na súa casa en Baiona para, entre outras cousas, poder celebrar o XI aniversario do grupo musical “Tonichi e Pacheco”. Con moitas ganas de reencontrarse co seu público, Tonichi e Diego Pacheco darán un concerto o próximo día 25 de maio ás 20 horas nos xardíns de Cásaa Museo da Navegación organizado polo Concello de Baiona

